Literatura dramática

A literatura dramática é literatura, non é teatro. No entanto, a literatura dramática, ademais de dirixirse ás lectoras e aos lectores, dirixe as súas palabras cara aos escenarios e cara aos equipos artísticos que xoguen con ela no palco escénico. Neste sentido, podemos atopar pezas de literatura dramática orientadas, de maneira non vinculante, cara a determinadas modalidades escénicas, xéneros e estilos. Unha clasificación relativa, que non implica compartimentos estancos senón unha tendencia ou orientación, en moitos casos difusa.

A Sección de Literatura Dramática da AELG abre esta xanela virtual para dar visibilidade e difusión a un dos xéneros literarios máis marxinados das nosas letras e que, non obstante, resulta fundacional na cultura de occidente - véxase o exemplo das obras de Esquilo, Sófocles, Eurípides, Aristófanes... - así como en calquera sistema literario desenvolvido - por exemplo, as pezas de William Shakespeare ou de Harold Pinter nas letras inglesas, as pezas de Molière, Coreneille, Racine ou Yasmina Reza nas letras francesas, as pezas de Angel Guimerà, Adrià Gual ou Lluïsa Cunillé nas letras catalás, etc.

A literatura dramática, na súa orientación escénica, prevé unha recepción comunitaria a través do teatro. A acción verbal ou a descrición doutro tipo de accións ten como obxectivo a realización escénica e, desde aí, ábrese ao acto comunitario, ao encontro do teatro.

Esta xanela virtual da Sección de Literatura Dramática da AELG, mentres tanto, ábrese á túa pescuda. Esperamos que atopes nela obras do teu gosto, para ler e para xogar con elas nos palcos.


buscar só obras con información sobre a representación



Revista Galega de Teatro, número 76. 2013
Deputación da Coruña.

Páxinas

1
...