Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Os Paseos pola Coruña Literaria constitúen unha iniciativa para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.

 

Terán lugar os sábados indicados para cada paseo, de 12:00 a 13:30 h., aproximadamente.

Están dirixidos a maiores de 16 anos e son gratuítos para as persoas interesadas (hai un límite de 55 prazas por paseo).

É necesaria a inscrición previa, que se abrirá a partir das datas indicadas para cada un dos paseos. Pode facerse dos seguintes xeitos:

- Presencial na Conserxaría do Centro Ágora.
- No teléfono 981 189 888 (a partir das datas indicadas para cada paseo).
- Enviando un correo electrónico a lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.

 

 

  • Sábado 22 de setembro (a partir das 12:00 h): paseo con Diana Varela, Mulleres donas do seu soldo. A inscrición ábrese o 10 de setembro a partir das 09:00 h.

A escritora e avogada Diana Varela proponnos unha viaxe que entretece literatura e dereito a través de nomes propios e oficios enraizados na cidade.

Será unha viaxe que entretece literatura e dereito a través de nomes propios e oficios enraizados na cidade. Desde Emilia Pardo Bazán e o seu libro La tribuna, que trata o traballo das cigarreiras, que camiñaron á par das cerilleiras e pescantinas na historia da cidade, até Victoria Kent e Clara Campoamor, profesionais do dereito e mulleres fundamentais para a historia da democracia en España e a loita feminista.

  • Sábado 20 de outubro (a partir das 12:00 h): paseo con Antía Yáñez, arredor de Senlleiras. A inscrición ábrese o 8 de outubro a partir das 09:00 h.

Un percorrido pola Coruña dos anos 30 e as súas singularidades que ambienta a novela Senlleiras. A autora amosaranos os principais escenarios desta novela, recente gañadora do II Premio Illa Nova: os edificios modernistas, a antiga sede de A Nosa Terra, a localización dos hoteis desaparecidos...

  • Sábado 27 de outubro (a partir das 12:00 h): paseo con Olga PatiñoA Cidade Vella. A inscrición ábrese o 15 de outubro a partir das 09:00 h.

Este vai ser un percorrido pola luz das pedras. Por esa luz subterránea que nos achega ao bafo dos ancestros. Para a paisaxe invisíbel do tempo está a voz d@s poetas, cuxas pegadas nestas pedras da Cidade Vella foron e son capaces de facer o instante eterno, de vagar pola sinuosidade do vento e achegármonos á hora involuntaria do asombro nas pálpebras dos soños certeiros...

 

Xa tiveron lugar os seguintes: