A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, socio da Asociación desde que foi creada
19/11/2026
Foto da novidade

Desde a AELG manifestamos o noso profundo pesar polo pasamento de Xosé Luís Mëndez Ferrín, autor central da literatura galega contemporánea, que uniu a súa enorme creatividade na escrita a un compromiso insubornábel co país.

O legado da súa obra, que inclúe xéneros como a poesía, a narrativa, o ensaio e o xornalismo, é un exemplo de traballo constante na profundidade estética da palabra e a vontade de intervir no conxunto na sociedade, sempre coa independencia da nación como horizonte común.

Pode consultarse máis sobre a súa traxectoria na información publicada en Nós Diario.