Propostas escollidas para o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal
22/10/2024
Organizado pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo, e a subvención da Deputación da Coruña

O 21 de outubro de 2024, tras varias deliberacións a través de medios virtuais, o xurado do VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, formado por Afonso Becerra Arrojo, en representación da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español; e Célia Maria Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Portugués en Vigo, decidiu que as pezas escollidas para esta nova edición do Festival, que terá lugar o 27 de outubro na Coruña, sexan as seguintes:

Propostas galegas escollidas para o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024 (por orde alfabética do nome da proposta):

- A VELHA BERIMBAU, de Sol Mariño.
- EN CARNE VIVA, de Andrea González García.
- NÉMESE EN TRÁNSITO, de Paula Sanmartín Juncal.
- NINGUÉN TIRA FOTOS NOS ENTERROS, de Carlota Mosquera.

Propostas portuguesas escollidas para o VII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2024 (por orde alfabética do nome da proposta):

- CARTA À MÃE, de Luís Campião.
- POR FAVOR NÃO MEXER/POR FAVOR NÃO TOCAR. de Nuna.
- UMA HISTÓRIA, de Isabel Milhanas Machado.

O xurado quere manifestar a súa alta valoración de todas as propostas chegadas, 10 galegas e 4 portuguesas, seguindo as bases da convocatoria, dispoñíbeis aquí.