Centro de Documentación da AELG
Entrevista con Xosé Vázquez Pintor
4 de xuño de 2003
Mateo Iglesias
Autores/as relacionados/as:
Fonte: Edicións Xerais

Entrevista con Xosé Vázquez Pintor, autor de «MAR DE BRONCE»
 
«A estirpe dos Gorospe Massiá serve para facer o catastro e a denuncia dun tempo de mar e da conserva.»

« Anxo agárrase á memoria para recuperar esoutra vida
que líe falta, a que lle foi negada.»

« Son así feliz "largando cabos" literarios contra o esquencemento.» « Éme imposible a distancia, a asepsia, a friaxe dos desimplicados.»

« As variantes dialectais do galego son riqueza, un manantío que pode
convivir coa lingua estándar. No camiño pola normalización
hai que considerar esta valoración en positivo.»
 

-Mar de bronce mantén moitas conexións coa novela anterior, tanto pola súa arquitectura, está montada como un broslado de microhistorias, como pola súa referencia constante á memoria. ¿Cales son as para ti as semellanzas e cales as diferencias entre elas dúas? ¿Acaso forman parte dun proxecto de triloxía ou tetraloxía máis amplo?


- As semellanzas máis salientables están nas que ti ben apuntas. 0 xeito de narrar, que flúe de seu natural, sen a sobrecarga das correccións. E o uso da lingua sen complexos, herdanza e patrimonio afectivo: son palabras en uso, nunca mortas. Canto ás diferencias,en Mar de bronce hai un achegamento maior ao xeito de novela: a estirpe dos Gorospe Massiá serve para facer o catastro e a denuncia dun tempo de mar e da conserva. Con este libro péchase unha pentaloxía da memoria, da que estou satisfeito e agradecido.
 
-Vázquez Pintor é un escritor da memoria. Recuperáchela neses dous volumes que publicamos en Xerais Crónica sobre os vellos oficios; logo ficcionáchelas nas novelas e mesmo no poemario Banzados, que obtivo o Premio Novoneyra. ¿Cal é o papel da memoria no teu imaxinario de escritor? ¿Por qué a memoria é o teu motor literario?


- 0 papel da memoria é o resultado daquel encontro coa xente da tribo, cos gardadores das palabras e dos oficios, que son a súa/nosa historia. Escoitalos dicir foi unha riqueza, un lóstrego para a acordanza e os rexistros de tanta vida feita e ben gardada. Deste vento favorable no traballo de campo por Galicia, vén a miña tempestade narrativa. Non hai outra circunstancia maior.


-En Mar de bronce chama moito a atención da figura do protagonista, Anxo Gorospe, o Ghalerna, que despois de estar á fronte da conserveira familiar ten saudades do mar de fóra que el non experimentou como mariñeiro. ¿Cal é razón desta saudade que sinte Gorospe como carencia?


-Acaso a máis terrible frustración daquelas vidas que reciben o legado das riquezas, anulando así calquera outro estímulo no seu periplo vital. Son os herdeiros do capital e das encomendas familiares, coa mensaxe de se significaren diferentes: amo, señor, patrón, señorito ...Anxo está só nesta circunstancia e agárrase á memoria para recuperar esoutra vida que ¡le falta, a que ¡le foi negada, pero presinte a derrota, va¡ e vén na procura, gasta paraugas (que é outro símbolo de Galicia), avanta e recúa, ceavoga no mar da casa e do seu cuarto, fala consigo, desespera.


-Na novela, como nas túas anteriores, hai moitas historias de vida. Máis en concreto son moitas as historias da épica da Ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón... ¿Pretendiches facer esa grande novela da épica do mar que non existía no nosos sistema literario?


-Son pouco ou nada pretencioso. Escribo esta novela coma levado polo universo do mar, que me alimenta ha¡ trinta anos. A paisaxe que conforma un mar de entregas, mar benigno que se ofrece. E nel están as obradoras das conserveiras, o catastro de tantas vidas. Non conformo coa noticia e coa denuncia da ruína, ¡búscoa!, e son así feliz "largando cabos" literarios contra o esquencemento.


-A novela estaba preparándose na editorial con anterioridade aos acontecementos da marea negra do Prestige e da resposta heroica de mariñeiros e cidadáns. Mergullado nesta historia de mariñeiros como estiveches durante tempo abondo, ¿como interpretas aqueles sucesos?, ¿que lectura cres que terá a novela, despois destes acontecementos?

 -A resposta heroica dos mariñeiros va¡ parella coa solidariedade dos voluntarios que se achegaron desde o mundo (nosoutros eramos a fisterra, o recanto das solporecidas). A ofensa do Prestige vai máis alá do tráxico periplo que navegou o barco ata o designio do seu enterro no mar, o mar de todos. Esta burla política,en complicidade coa usura internacional e o desleixo dos nosos representantes na Xunta e en Madrid,confirma esa visión panorámica dunha Fisterra que non queremos nunca máis cabo da Historia: só corredor de lixo e átomos, vertedoiro, expulsión de xente ao lonxe de si e dos seus, infinito cabreo, como arestora estamos moitos aínda, despois do 25 de maio onde a Galicia non foi pletórica, contundente, xusta, fronte ao maltrato. E isto é, compre non esquencelo, unha débeda universal que nos demandan con urxencia cara ao futuro: ¡a dignidade xa! A novela estaba rematada antes de novembro do 2002, só foi posible abrir neta unha pequena furna para ecoar a voz das gracias a cantos ata aquí chegaban/chegan para nos limpar a alma e o mar (a segunda adicatoria do libro).
 
-0 papel da muller está moi presente na novela. Mulleres que sofren e dan vida; traballadoras da conserva violentadas polos seus xefes... ¿Quixeches facer unha denuncia destas vexacións e desta violencia no eido familiar?


-Quixen dar conta dunha parte desa explotación feminina, rexistrar o seu paso e o seu peso de obradoras en terra: nais, esposas, irmáns, filias... que soerguen a vista e as mans sobre as circunstancias adversas, contra o designio.


-A pesar da denuncia desa violencia, Mar de bronce é un manifesto pola tenrura. Lírica, emotiva, conmovedora... ¿Ingredientes dos que nunca prescindes nas túas obras?


- É certo, é unha eiva que vén de antigo: non dou escapado das emocións. Aquela miña infancia de posguerra deixou pegadas que me acompañan na rebeldía desde moi adentro; éme imposible a distancia, a asepsia, a friaxe dos desimplicados. Canto á lírica, vai con nós. Difícil é atopar un escritor galego que non sexa en algures poesía.


-Chama moito a atención de que a novela estea toda ela escrita nun rexistro intencionadamente dialectal, semella unha homenaxe á fala popular da península do Morrazo. ¿Unha proposta literariamente arriscada?


-Desde sempre ande¡ a recoller para o meu patrimonio da escrita aquelas palabras vivas que se corresponden cos distintos espacios da nosa xeografía. As variantes dialectais do galego son riqueza, un manantío que pode convivir coa lingua estándar. No camiño pola normalización hai que considerar esta valoración en positivo.


-¿Non cres que haberá quen che diga que tras ese Rilo do Mar da ficción está a vila de Cangas, onde vives dende hai tantos anos?


-Si. Unha parte da toponimia, a mesma atmosfera da novela está en Cangas, onde vivo desde hai trinta e un nos. 0 Morrazo, en plenitude, deume o senso, a maxia e o respecto polo mar. As Rías son auga fértil que nos entra, e labramos o soño nesta beleza da paisaxe, adiviñamos a riqueza do profundo e queremos o océano e as xentes que o cabalgan. Por eles vai.