Centro de Documentación da AELG
O plan plan
Vázquez Pintor, Xosé
Autores/as relacionados/as:
Fonte: A Nosa Terra

     CONSIDERANDO: Que o asinante é un deses marraus de mil e tres anos que non se lavan na fin de semana nin nunca viron correr a auga de colores coma en Granada de Boabdil. Que a Alhambra chegou a Al-Andalus procedente da Mesopotamia, polos camiños do Islán. Que o tal Crecente Fértil, hoxe arrinca petróleo a madas do mar neghrón e méteo a bordo de barcos para que alcatreen Galiza, o máis coidado xardín que tanto ama JMAZ e o seu séquito de ciencia e fición, ousadía e terror polo que Iraq está no mal de ollo do gran señor do bigotiño azul. Que o sucedido o 13 N andaba escrito xa nos montes do Sol e nas furnas da Auga, para daren proba o signos da  fe e da lei dos profetas contra os cans de palleiro que Aladran o seu rancor@ e Aos que manchan de negro a súa bandeira do paraíso A.
 
     RESULTANDO: Que as dúas últimas aterraxes dos avionetos co cargamento en pleno de Madrid-Moncloa no Aureoporto de Galiza, para consolar ao noso presidente da Xunta e séquito na súa desolación de viaxe e pranto polas Amanchas moi localizadas@ e os Ahilitos de plastilina@ A convertidos en adoquín@ e as Apraias esplendorosas@ e A as operacións dignas de formar parte na historia mundial dos rescates@... teñen sido para min tan merecentes coma o amor de JMAZ e os seus leais, agora meus,  aínda sen o APlan Galicia@ dos 12.500 millóns e pico de  euros por  mor de autopsias e de aves autovías de arredor. Que o ventre do barco nominado Prestige vai ser posto a salvo da bomba do fuel-oil antes da noite máxica do Enterro da Sardiña 2003. Que as correntes do Golfo e outros que chegarán nesta primavera ás nosas Costas Atlánticas han revirar os designios cara ao sur, como era nun principio do verbo e do mandado aquel, e o fitoplacton de entreaugas e do profundo devorará os restos do ghalipote e peixes e mariscos suicidas, que non quixeran fuxir, estalles ben. Que visto a dilixencia de Tragsa e outros servicios domésticos de limpeza e salvación, os Voluntarios/as sobran xa, a marchen eles calados e fartos de festas rachadas, dando as gracias por vir ver.
Que tan grande foi o respecto poa Universidade Galega, para decidir e aconsellar.

     PROCURO así o descorchado da ironía coa cantiga sabia de seu: A Santa Lilaila paríu por un dedo / certo será, pero eu nono creo A. Bebo a tarde toda en Kafka, Valle, Rosalía: A Risa dame ese nome que levás...@( Follas Novas, 1880 ), Castelao, Novoneyra: A De tanto calar xa falo eu solo A ( Letanía de Galicia, 1968 ), Borges: A Se precisaron todas estas cosas / para que nuestras manos se encontraran A ( La causas. Historia de la noche, 1977 ).  E ghrito en Canghas: ) Eih, e ese barco no fondo, que ?