Centro de Documentación da AELG
Un día e un mes
Vázquez Pintor, Xosé
Autores/as relacionados/as:
Fonte: A Nosa Terra

     Na noite neghra do 19 N escribía eu para este semanario unha das  colabarocións máis duras que tiña feito ata entón. A Patéticos A era o seu título. Andará polas gavetas do meu obradoiro, collendo o pó. Arestora, 14 XR/003, en nada achantou a inquedanza por aquela desbandada dos soberbios que ofendían a miña Casa: Terramar de patrimonio, de estirpe e de nación. Eu son de aquí e amo e recacho a voz e os sentimentos cara ao Mundo, tal a Recalada impagábel dos Voluntarios/as. Eles son eu, e viceversa. Estáse apagando a tarde e os termómetros engruñan a tallaren por baixo dos 01 C. É aínda o Día Internacional das Relacións Humanas, en honor de Martin Luther King, que nacera neste día do ano de 1929, loitador polos dereitos civís dos Negros, a súa etnia ofendida de sempre. Apagáronlle a voz, aló. Como nola queren apagar aquí coas megafonías dos chocallos. A Ancien president @ de Galiza non está a ser honorábel, non escoita as mensaxes. El si que achanta, nunha pelegrinaxe sen retorno ao Pórtico da Groria, coas palabras sen trato, sen cumprimento, sen honra para si e para o que representa, cos aldraxes de JM0A e a súa cohorte de monicreques manexados polas grandes dictaduras do capital máis ruín que xoga cos mares de petróleo tanto coma coas guerras e coas nosas vidas brancas a rabuñar nas pedras dos coídos, monte e faro arriba e abaixo, acó. Xa non me preocupa máis mentira, ) para que ?. Tanta non cabe no ventre roto e acorchado do Prestige. Preocúpame o riso e o desprezo, a deslealdade, si, duns presidentes que xogan comigo na noite dos insomnios, choutan cos farrapos deste home só que me resisto e son fronte á desventura deles dous, que me desvisten, que me lanzan para a sátira e o ridículo contra a patela de Mar onde axiña afogue. Pero non. Acordo e berro, coas maus sucias, e o corpo, e alma neghros, voando coma o arao das Illas por enriba da vosa pequena estatura política, coa voz en grito inacabado: !Nunca, Nunca Máaaiiiisss !

     Segue a noite. ( Ah ! Pero seica queren abrir as Rías Baixas para... o marisqueo e... Non deixemos apagar de volta o lume coas pallas. Moito antes, ( que atendan baleiren o barco, de veeesss ! No profundo segue.baixen por el.