O A petit president A, servo adorante da guerra, xa regresado do ichó da Casa Bush, seica vai mandar noticia, en formato epístola, da infamia que aínda limpamos nos coídos, nos areais, nas almas. Prosegue o aldraxe. Unha carta mándase aos amigos/as para dar conta pola boa saúde, polos éxitos, e acaso polos arrepentimentos...en tempo e hora. Entón o carteiro chega e dá o papel coma unha mau de gracias, coma un saúdo cordial. Non é o caso do A petit president@, que nin é amigo nin goberna a nao que lle corresponde fronte ao temporal do corredor de Fisterra. Por moito menos causa, o capitán grego do Prestige está captivo en Teixeiro, lonxe das gaivotas dos cantís, dos horizontes nos que nunca quixo naufragar: Apostolos pedíu levar o barco a bon fin, e descargar. Pero A petit president A non atende ao Mar, non sabe, viaxa, delega nos ineptos e abandona o petroleiro á sorte doutro monocasco humán, cumio da soberbia e afouteza, á vociña dun peiteado, á lei da desbandada máis miserábel que a nosa Historia haberá un día escribir.
Deixamos para a memoria o 2002 da Solidariedade Cidadán. Dixemos adeus a Manfré, que viñera de Dresde hai tantos anos para soñar nas pedras a finitude da Terra no Mar, a Luz da tarde, o grito das Solporecidas, a Xerfa, o Amor, os barcos de Camelle, as Formas e as Cores, un can sociño de ninguén, un taparrabo... O alemán non quixo recibir máis chuspe nos ollos. Esa noite, parou o reloxio do sol e foise. Ou non se foi. Espera, coma o capitán Apostolos, coma as recaladas de Voluntarios/as do mundo, coma todos nós, pola carta mísil do Apetit president@, para incendiar aínda máis as furias dos nunca vencidos e xamais esquencer.
Contará A o petit A o seu arrepentimento serodio, o couce no cu da política internacional, a firmeza de Kofi Annan, segredario xeral da ONU, contra a guerra en Irak, a gargallada dos convivios Xunta-Madrid que A saen nas fotos do día A, coa que está a chover? . Non escriba, señor. Viaxe definitivo e lonxe. ( Ah, pero antes, fíxese ben : A descarghe o barco afundido, dunha puta veeeessss A ! Para as xentes de ben ( que cante o cuco e o merlo, que volte axiña o arao, o polbo, o arroás...2003 !