Eau de cologne. Son as vinte h. pm. do día martes, 19 de novembro, 002. Chove e venta do SO. rolando ao O. A mancha da morte e a negrura invade paseniño o meu litoral atlántico: 4000 toneladas que percorren xa máis de 196 quilómetros. E digo meu porque quero baleirar aquí, nas costas dos mancados permanentes, o tanque do cabreo, non deles, que son erráticos, finos e duros á vez, Aincapaces@ ( chamounos así arestora o presidente de Franza, Jacques Chirac: aos políticos nacionais e internacionais, para quen pide medidas drásticas e severas, e di estar A horrorizado A). Pois velaquí con quen aínda bogamos despois dos Polycomander, Urquiola, Andros Patria, Mar Exeo, Erika...Prestige. ( Manda carallo ! E siguen aí. Eles, inútiles, soberbios e testáns. Nós petroleados. Veño de ver polas Tvs. as imaxes dun colo tráxico de barco abandonado á súa sorte, un colo que quixo afundir na soedade a 145 millas das Illas Cíes. Un colo roto de barco vello, superexplotado pola rapiña de hoxendía, toda ela voraz, asasina, cagharrosa: véxase o mar que nos deixan en sete días de furriquira a bordo do tal Prestige. O meu mar está lixado, lisiado, louco e cheo de furias. Son moitas merdas xuntas, tantas que asustan. Jacques Chirac dixit. E Portugal, irmán, alerta. ) E a Grande Bretaña que comanda o amigo con quen compartilla Aznar a autocracia e a tolemia guerreira pro Bush ? Pois cara á Xibraltar ía o bisavó dos petroleiros piratas. Si. E vostede ) ú é ? A España se reserva el derecho a ... A A vociña de lonxe, lonxe, lonxe.
O Instituto de Catálisis e Petroleoquímica do CSIC, por boca do seu investigador, Antonio Cortés, afirma que A o mellor foi que o barco se afundira, pois que o petróleo ha solidificar nesa zona abisal, entre os 4000 e os 5000 ms. ( os restos mortais do paseado repousan arestora nos 3500ms: xardín fermoso de vida no mar, con case 73000 toneladas de fuel oil no ventre ).
Luns, 18, na Radio Galega, escoito en directo ao subdelegado do Governo, don Arsenio Fernández de Mesa, son as 19,35, dando el só a cara frieira, nerviosa a voz: @.....El vicepresidente 11 del Gobierno sobrevolará mañana la cena, ( perdón ! la zona A. Sentín mágoa por el, nesta apocalipse sen trampas, nin cartón, nin barco. So fuel oil. ( Ah, pero comeremos turrón, turrón, turrón ! Dos pobres, polo Nadal.
A ver se a outra Galiza política é quen de dar mil brados, axiña e de vez, polos dereitos todos que nos negan . Quero que se escoite en Compostela, Madrid, Europa, o Mundo...a miña/nosa voz por esa Reforma Urxente do Dereito Marítimo Internacional, por dar sinais de vida, de aviso e máis de orgullo e de respecto definitivos, fronte á volta da negrura e submisión ( Xa !