Caen arestora os ventos da furia contra Modesto Augusto Sanjuán, adestrador do Teucro. Non é xusto, nin siquera lóxico que un profesional de longo percorrido en Asobal - (( tres ascensos !! , un co Cangas, inesquencíbel, e dous en Pontevedra - sexa posto no aviso dos despidos por mor dunha tarde desafortunada, onde a corresponsabilidade é de case todos, sen esquencer ao Balonmán Cangas, un equipo que ten ata o día de hoxe a mellor portería de Asobal e unha defensa que axuda e acompaña a este récord histórico dos do Morrazo. Se o sábado no pavillón da Xunqueira se perdeu a compostura ( individualista e nervioso Dasilva incruído ) non era porque Modesto fora o ABarco sen luces@. Acaso debeu sentar no seu tempo ao lateral para a reflexión e as tilas necesarias. Pero esta eiva puntual nun día grisallo para o Teucro, non é merecente dunha sanción desproporcionada. Cavíleno os directivos, acouguen os socios, regresen ao espectáculo os antigos seareiros, cando este deporte era, coma en Cangas, un referente, un dos moitos orgullos da cidade e da provincia. Difícil atopar, xa digo, en Asobal, seica a mellor Liga do mundo, un adestrador humilde, noso, da casa, con currículo tan merecente. ) Ou é que a memoria non interesa e non conta para dar creto ás esperanzas ? Sentidiño, pois. E que o tempo da outonía regrese axiña e volva ao seu a quen soubo e sabe levar os barcos pequeniños e superviventes arestora do naufraxo galego en Asobal ( Cangas e Teucro ) mar adiante un ano, dous, tres, catro...con pouco casco e aparello a bordo, case sen nada: e digo hoxe A euros A, entre outras necesidades, que os clubes poderosos desta Liga teñen para escoller onde lles peta e queren e dan con gracia. Nosoutros non. Cómpre sabelo xa. É de agradecidos non crucificar.