O fútbol foi a miña ilusión na infancia e na adolescencia, cando naqueles anos as tardes dos domingos eran todas de Matías Prats, que distraía as horas nos estadios e nos campos, que por daquela tiñan nomes eufónicos de seu: Chamartín, Nervión, Mestalla, Heliópolis, Molinón, La Condomina, Balaídos, Riazor..., agás o patronímico de San Mamés: ese santuario de estirpe e de orgullo, por exemplo, a catedral. Sabiamos de memoria as alineacións e gardabamos os caricatos de Gainza, Gento, Kubala, Segarra, Ramallest, Carmelo, Puskas, Luís Suárez, Di Stéfano...que viñan na cuberta das caixiñas dos mistos. Simpáticos futbolistas de cartón de riscar. E soñabamos fútbol galego, a esgalla, sempre nós.
Venme todo á memoria nestes últimos días, cando Kubala lampexa coa vida, tempera do balón do osixéno, e saca un córner máxico desde o recanto dunha Uvi calquera. E na outra metade do campionato e dos estadios, a groria mediática do arestora Dépor, Campión da Copa do Rei, segunda volta, a Copa do Centenario madridista: un orgullo, din, para A Coruña e para Galicia, eu digo seica. Cando neno e adolescente, o xogador húngaro do Barcelona convocábame a gardar aquel balón, facelo desaparecer dos ollos dos defensas bravichos ( eu era o extremo zurdo na miña equipa da aldea) na procura do centro desde a liña ou do remate sen perdón para os porteiros. No Deportivo dos anos sesenta medraba a esperanza nun ronsel de fulgores : Amancio, Veloso, Loureda, Xaime Blanco...Segunda, Primeira, segunda, primeira: a cantiga do carromato, ou tal resignación. Tivo que aparecer pola Punta da Torre, das furnas, no areeiro do Orzán, un home ousado, nunca historia, senón Lendoiro, para que o agora Dépor ( no aforro silábico para o grito da victoria ) remonte Europa e o mundo nunha aureola de éxitos ao gallope. ) Que tal fixo este Campeador ?: Romper, tronzar os soños e os proxectos daquela miña / nosa infancia, cando Rodrigo Vizoso ( ( parabéns e saúde, maestro ! ) nos berraba afoute, ilusionado, aos infantís que xogabamos no velliño campo, que hoxe tempera dos alicerces do Pazo dos Deportes da cidade da Coruña.
Que as malvado de copas gardaba o mercader para estes tempos ? Laminar a canteira, ila desmerecendo, arrendando os restos do naufraxo xuvenil nos rastros da segunda. Velaí a culpa imperdonábel destas xestorías: conformar con xestos que non hai xente para este nivel, os galegos non valemos. ) E cando Fran, vello e sociño, xa non poida coas cirolas, esbare, espiche, apague o lume de biqueira ? ((( Carteira, só carteira, de fóra !!! Brada a gorxa aínda quente dos seareiros apampados, ánimas pelegriñas que só ven a luz do relampo. Non importa xa que, coma nosoutros, nos anos sesenta, os rapaces soñen outras xeografías, cos nenos húngaros, que visten de kubala, cos brasileiros das favelas, os arxentinos de Boca, rusos, balcánicos...de máis aló da nosa casa, convencidos de que aquí non hai. Peneques de complexos na Coruña ((e Vigo tamén !! concelebran os cómplices os proxectos de Lendoiro e Horacio: móllanse nas fontes, levitan, roncan felices. ) Que será mañá sen euros e sen nada ?
Eu teño moito interés na Liga deste ano, no que os nosos trasterrados futbolistas aínda fan en As Palmas, Mallorca, en Tenerife, en Málaga, Vallecas, Barcelona... ( Ah, e no atletismo: Alexandre Gómez, nas Illas Afortunadas ! No balonmán de altura: tres equipas galegas de Asobal, en desamparo. E tantos outros. Fiasco, negocio, fume, garulos.
Galicia deportiva )en que maus de sono deixas a esperanza?