Centro de Documentación da AELG
A vaca que ri
Vázquez Pintor, Xosé
Autores/as relacionados/as:
Fonte: La Voz de Galicia

Amigo Damián Paío, deixa que che diga en voz pública cal é a miña opinión sobre o cartazo que había de vender ( todos os cartazos teñen como meta as mercadurías) a festa gastronómica en Dozón - esa paisaxe que acouga a súa vellice e soedade implacable no colo da Pena de Francia - e do que es autor, arestora polémico. Sei dos teus respectos pola cultura, das túas transgresións, desa provocacón que arrastras na oralidad e na conversa, que nunca ofende. Por eso quero que os meus lectores saiban que es moito mellor artista do que a etiqueta de A aquel que pintou a vaca, ) non sabes ? A poidera quedar contigo para mancar. Por eso é.
Todo este vento desfavorable sobre a túa provocación pode borrar moitos pasos felices que tes andado, desde argallante da Bienal de Laxeiro, ata conformador co Paco Lareo e o Armindo Salgueiro dese espacio tan singular do Museo-Solaina de Piloño. É unha mágoa para ti e para os amigos que a mancha dun erro, pola túa banda, lixe unha biografía de soños.
 Lémbraste ?. Coa túa axuda coñecín, xa para sempre aos loucos das artes, que andan polo Deza, e Laxeiro estivo conosco a conversar e pondo obra na Mostra coa que inauguramos a Casa da Cultura en Agolada. E con Antonio Taboada, Wili, armáchedes o obradoiro público na Praza do Concello, para soerguer case da nada as pezas de carballo e o óleo que é donación e adorno. E despois, aínda en resposta a máis favores que che demandei, aquela maquetiña, case miniatura, do A pendello A, significativo agasallo da feira extinta, e que garda con afecto o arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo. Son feitos. Son respecto.
Por eso, Damián, doeume a túa confusión neste cartazo . Porque sabes coma min que no rural ( resistencia na fala e en tantas outras cousas que nos chegaron dignamente ) erguéronse sempre as nosas mulleres co mencer, de sol a sol labraron, namoraron, deron afectos. E nesta simbiose co animal máis convivencial, andaron os vellos carros da vida e as xeracións.
Sei que non está no teu maxín a ofensa. Pero cómpre saber que os erros sempre son absurdos e saen coma escarnio polas ondas. Infelizmente así, algunhas veces caemos na enredada.