Tiña que ser espléndida, porque o sol nacera sen nubes e o mar estaba por aló abaixo cheo de acougo, coma na espera. Falamos o Lito e máis eu do abandono en que se ten ao peirao de Cangas; de como o catamarán xigante sacha nas augas, con tal forza que produce nas casas veciñas esa palresía que despista aos terremotos : hai que modernizar este servizo de transporte. Na travesía saen as anécdotas de Cunqueiro e Castroviejo, tantas veces nautas por esta Ría de Vigo. Na cidade, previo ao desembarco, as interrogantes do cuco , que nos sigue cos ecos desde as fragas de Abelendo, sobre ese A Vigo cara o mar A : arquitectura, ocupación laboral, deseño de lecer, políticos lúcidos e comprometidos ( esa utopía ). Na Plaza da Princesa, no alto andar, o saúdo da memoria feliz, da sabedoría, do amor a Galicia : don Francisco Fernández del Riego, que nos vai dicir o día 30 no paraninfo do vello Instituo, que foron, que son, que poden ser aínda 33 anos do Día das Letras Galegas, que el propuxo e o noso tempo dispón ( ) para que ? ).No Paseo de Afonso , balcón do mar, onde os ollos alcanzan, vexo aquel barco boniteiro ) lembran ?, que anotei nunha crónica do outono pasado desde os estaleiros de Barreras, facendo as últimas probas pola Ría, antes de navegar nos outros mares onde pelexamos coa saudade, coas ausencias : un barco de marabilla, azul que gana ao ceo e ás augas; soño que vou de vixía na torre branca, rodrigo de triana, para atravesar un ollo da ponte de Rande, cara San Simón. Todo perfecto.
E entón baixo , aterro, tomo esa escasa distancia dos problemas, e crúzome con Silvia- a rapaza que me soporta nas clases, a que sofre as miñas neuras, a que fai exames a mazo ( ) para que ? )- triste, cos ollos sen bágoas : veño do Concello, de visitar ao meu pai, que é un dos tres traballadores do Grupo de Empresas Álvarez, en folga de fame . Rebenta, rebentamos. E axiña vexo a Afonso, a Xosefa, a Pilar, os tres A agónicos desesperados A sobre os fríos terrazos da nave municipal. E van días. ) Cantos quedarán ?.
A nube borrou na tarde e na noite aquela feliz andaina da mañá.