1. Antolín Faraldo (1822-1853) Risco chamouno "o primeiro nacionalista", o que resulta, sen dúbida, excesivo, pois a teoría nacionalista estaba por crear; pero si foi dos verdadeiros precursores do nacionalismo galego, e nacionalista nun senso amplo, máis visceral que político. Coma expresión da "concienciación da personalidade de Galicia dentro das súas posibilidades históricas concretas di Rodriguez Pampín nun artigo sobre algúns cristiáns nacionalistas da primeira época, si que podemos integrar a Faraldo e ós seus compañeiros e continuadores dentro da militancia nacionalista ...Despois das luzadas individuais dos ilustrados, foron os primeiros en ter unha conciencia clara da personalidade galega" (23). A súa corta vida física, e mesmo a súa mais corta aínda vida intelectual dedicada a Galicia (1840-1846), non foi obstáculo para que Murguía o chamara "o primeiro e o mellor" dos periodistas galegos da primeira época. Aínda que ó seu carón estivera xente tan valiosa como Vicetto, Neira de Mosquera e Romero Ortiz. Espallou as súas ideas mozas, que transparentaban unha fonda vocación política galeguista, desde El Recreo Compostelano, primeiro, e logo desde El Idólatra de Galicia onde comezou a colaborar precisamente cun artigo sobre a relixión e El Porvenir, a gran obra periodística de Antolín Faraldo. A súa participación na revolución de 1846 e o verbo incendiado dos seus escritos (Galicia é a "madre patria" e fala da "nacionalidad gallega"), fixeron del unha figura mítica, agrandada pola interpretacións de Murguía e Risco. Pampín apunta xa as curiosas contradiccións que presenta no aspecto relixioso, cando apela co mesmo fervor a figuras tan diferentes coma Lamennais e De Bonald, Lacordaire e Chateaubriand; aínda que queda patente a influencia do xornal progresista francés L'Avenir. Mesmo, desde El Porvenir chama ó socialista Fourier "Mesías do século XIX", e defende ás burguesas "damas da caridade" compostelás chamándolles "tesouros de bondade". Este socialismo utópico semella quedar claro cando di que o seu século "mais intelectual e moral, predicou ós homes que Deus quería a xustiza, que a base da felicidade social é o amor". O cristianismo, "irmandado coa liberdade" atravesa os artigos de El Recreo Compostelano (1842). A relixión apoiou moitas veces ó príncipe, pero outras moitas "botoulle a man ó escravo e inspiroulle pensamentos revolucionarios":
Respecto de Galicia, afirma Faraldo
repetidamente tal como farán logo os persoeiros da revista Nós que
homes, tradicións e institucións están informados pola relixión
"soberana árbitra dos seus destinos". Por iso, non repara en
dicir:
E anos despois desde
El Porvenir (1845),
escribe cousas coma estas:
Que non interprete o lector mal avisado
estas verbas coma dun home reaccionario e nacionalcatólico, senón dun
home demócrata e liberal, simpatizante do socialismo utópico, como
víamos antes. "Faraldo fala de principios e non de dogmas
clericalmente impostos e estatalmente pactados", recoñece
acertadamente Pampín.
Estas sinxelas e ilusionadas verbas, que
hoxe soarían inxenuas e pacatas, causaron unha denuncia do poeta, que o
levou ó pazo episcopal, onda o bispo, quen lle obrigou a rectificar,
expoñendo a paternidade de Xesús mais de acordo co dogma. Aínda que
non é difícil de adiviñar que o problema estaba máis no escándalo
da burguesía polo brindis "igualitario" de Aguirre, e
significaría tamén o intento de imposibilitar unha aproximación entre
a intelectualidade, católica e inicialmente socialista, e o mundo
obreiro.
Estas verbas son dun home católico e
conservador, pero fondamente galeguista, nun tempo en que os carlistas
levaban a palma no panorama político católico. Non é de estrañar que
Curros lle fixera grandes louvanzas, Vilar Ponte fale del coma o home
"daquel inolvidable apostolado rexionalista que acolleu amorosa e
fraternalmente Cataluña", e Castelao o chame "gran patriota e
home extraordinario". Tampouco o historiador Francisco Carballo non
ten problema e recoñecerlle o seu bo talante galeguista, consciente de
que os seus parámetros históricos non son os nosos;
"rexionalismo-nacionalismo non é o problema de comezos de século
na Galicia", di.
"Home combativo por natureza recoñece
Pampin, denunciador de toda inxusticia e máis se levaba o
nome de galega; conseguintemente tamén foi moi combatido". Non é
doado adscribilo a unha corrente política determinada, pois, según
parece, aínda que foi tachado de carlista, Brañas aclarou en máis
dunha ocasión que a súa amistade co líder carlista Vázquez de Mella
e o seu catolicismo obedecían a postulados moi distintos, tal como
recoñece Cores Trasmonte.
|
NOTAS |
(23) | X.M. Rodriguez Pampin, "Cristiáns galegos de militancia nacionalista (1840-1936)", Encrucillada 2, 1977, páx.53. |
(24) | Ensaio..., op. cit. páx. 240 |
(25) | Art. cit. páx. 9 |
(26) | Aurelio Aguirre, Poesías selectas, La Coruña 1901. "Brindis", paxs.127-28. Ainda se pode atopar nas librerías unha edición facsímile. |
(27) | Recollido en Prosa Galega 1, Galaxia, Vigo 1976. |
(28) | Citado por Cores Trasmonte no artigo da Gran Enciclopedia Gallega. |
(29) | Citado por Rodriguez Pampin. |