10.-INT. SUCURSAL BANCARIA EN
SARRIA. DÍA
Uns EMPREGADOS do banco durmitan nas súas cadeiras, OUTROS
discuten sobre a alineación que presentou a Sarriana o día
anterior, un deles -EMPREGADO 1- le ó Marca.
11.- EXT. DIANTE DUNHA SUCURSAL BANCARIA. DÍA.
O Mercedes dos ATRACADORES detense fronte á sucursal
bancaria. CARME e O GALO baixan do coche con aire decidido e
entran no local con dúas pistolas na man. CARME leva tamén unha
bolsa dos supermercados Cemar.
EMPREGADO
1
(Preguizoso. Sen levantar a vista do Marca e bromeando)
¡Miña madriña! Temos clientes. ¡Que susto me entrou!
CARME
¡Isto é un atraco, señores!
Os EMPREGADOS levantan as cabezas, coa excepción do
EMPREGADO 1.
EMPREGADOS
(En coro) ¡Bah!
Os EMPREGADOS volven ó que estaban facendo.
CARME
(Indignada) ¡Dixen que era un atraco! ¿Vale? ¡Me cago
en ningún dios!
12.- INT. COCHE MERCEDES. DÍA
RAMÓN tamborilea cos dedos no volante. Empeza a picarlle o
nariz e acaba por sacar papel de aluminio.
13.- EXT. RÚA, DIANTE DA SUCURSAL. DÍA
CURRINCHE está facendo xogos de trileiro sobre un contedor
de lixo, xogos que siguen con moita atención catro PAISANOS.
CURRINCHE
Nada por aquí, nada por alí; tararí que te vin.
PAISANO
1
(Dirixíndose ós seus compañeiros, decidido) Eu vou
entrar. Non teño tempo de enredos. Facede o que queirades.
CURRINCHE
(Colléndoo por un brazo) Agarde, agarde un momento, bo
home. ¿Que prisa ten? Sempre terá tempo de que o banco quede
cos seus cartos, e agora pode gañar algúns. O asunto é que o
seu ollo sexa máis rápido que a miña man.
PAISANO
1
(Interesado) Se falamos de cartos a cousa cambia... pero
ten que ser rápido, ¿eh? Teño moito que facer.
14.-INT. BANCO. DÍA
O GALO perde os nervios ante a indiferencia dos empregados e
empeza a disparar contra a mampara protectora da caixa. Os
EMPREGADOS míranse entre eles, miran Ó GALO -quen se amosa
aínda ameazador- e un deles abre a porta que permite pasar ó
outro lado do mostrador. O GALO entra e chama á porta da cabina
da caixa coa pistola. O CAIXEIRO ábrella. O GALO apoia o cañón
da pistola na súa fronte.
CARME
¡Ábreme o sésamo éste!
CAIXEIRO
Non podo, señorita. É de apertura retardada. ¡Xúrollo!
O
GALO
¿De apertura retardada? Vos tedes turcos para abrir nestes
casos, non me engañes...
CAIXEIRO
Dígollo moi en serio. Son pai de familia e non me xogaría a pel
polo que hai aí dentro.
CARME
Non me veñas agora con historietas sentimentalonas. ¡Joder, que
calor vai aquí dentro! ¿Non tedes aire acondicionado?
CAIXEIRO
Estropeouse hai dous veráns e estamos agardando a autorización
da central. Xa sabe cómo van estas cousas...
CARME
Fágome cargo. Os bancos están a gañar cartos e pouco lles
importa o resto...
15.- INT. MERCEDES ANTIGO. DÍA
RAMÓN quenta o papel de aluminio cun esqueiro.
16.- INT. BANCO. DÍA.
O GALO, agachado cabo da caixa forte, quita un auscultador do
peto. Resoupa e sua. Detrás del vemos -aínda que non os
escoitamos- a CARME e o CAIXEIRO discutindo. Soa un claquido e o
GALO abre a caixa e limpa o suor da súa fronte.
O
GALO
(Dirixíndose a CARME) ¿Oes, nena? ¡Eeem! ¡Como te
chames!
CARME
(Dándose a volte e reparando no GALO) Carme.
O
GALO
Penso que isto xa está...
CARME
(Sorprendida) ¡Ostras! ¡Es un ceo, tío!
CARME salta o mostrador coa bolsa do Cemar e mete nela os
cartos. Os ATRACADORES saen cara a rúa camiñando de costas e
apuntando os EMPREGADOS.
EMPREGADO
1
(Sen levantar a vista do Marca) ¿Remataron xa? A mín
estas cousas altéranme moito (irónico).
16.- EXT/INT. ESTRADA DE SARRIA A LUGO/COCHE OFICIAL. DÍA.
Un Citroen XM azul escuro avanza por unha estrada. CORTE Ó
INTERIOR. No asento de atrás, vai o bandullo gordo dun HOME
traxeado que suxeita varios xornais cunha man caída. O bandullo
móvese cos ronquidos do tipo.
17.- EXT. RÚA, DIANTE DO BANCO. DÍA
CARME e O GALO saen da sucursal de costas e tropezan co
CURRINCHE. Caen ó chan e os cartos esparécense. Soan uns
estoupidos. CARME ponse nerviosa e fai un disparo. O catro
PAISANOS asústanse.
PAISANO
1
(Despois de recuperarse) Non se preocupe polas bombas...
é que hai festas en Oural.
O
GALO
(Alterado aínda) Está ben, está ben.
CARME empeza a recoller os
cartos axudada polos PAISANOS.
CARME
¡Ímonos de acó! ¡Me cago en ningún dios!
Cando acaba de recollelos, corre cara ó coche. CURRINCHE
consigue poñerse en pé con dificultades e EL e máis O GALO
-coa cabeza movéndoselle con nerviosismo- van ata o coche.
CARME, que xa entrara nel, asoma pola ventaíña do acompañante.
CARME
(Indignada) ¿Será para hoxe? (Mete a cabeza no
coche e fala con RAMÓN) ¿Outra vez estás fumando? ¡Pois
menuda banda que teño!
RAMÓN
(Aturdido) É que tardábades moito.
18.- EXT. ESTRADA DE LUGO A SARRIA. DÍA
Os dous PICOLETOS que van con cara de velocidade nas súas
motos diante dun Citroen XM. Traza unha curva ocupando toda a
calzada. Aparécelles de fronte o coche dos ATRACADORES que ten
que desviarse para non chocar e vai dar contra unha árbore. O
GARDA 1 sinala unha árbore ó GARDA 2, que non a ve e vai dar
contra ela. O GARDA 1 sáese da estrada despois de esvarar. O
Citroen segue a súa marcha.
19.- EXT. BARRANCO. DÍA
O Mercedes aparece no fondo dun barranco. Chocou contra unha
rocha. RAMÓN partiuse a cabeza contra o parabrisas dianteiro; ó
seu carón, CARME parece desmaiada. Na parte traseira, CURRINCHE
ten un regueiro de sangue que lle nace na boca e O GALO semella
descalugado. CARME move a cabeza para despexarse. Mira para o
cadáver de RAMÓN.
CARME
¡Ramón!
CARME peta no salpicadeiro, cabreada pola morte do seu noivo.
Respira e se dá a volta. Toca a CURRINCHE e comproba que está
morto. Empuxa ó GALO, créndoo morto.
CARME
(Para si) Ás veces ten unha unha sorte que nin a cre.
¿Pero que..?(Sorprendida) ¿Ti non estabas...? (Primer
plano da súa cara aterrorizada) ¿Que vas facer?
O GALO móvese de súpeto e dispara a boca de xarro contra ela.
Despois incorpórase para quitarlle a bolsa do Cemar cos cartos
que leva no colo.
20.- EXT. UNHA CORREDOIRA. DÍA
Vemos ó GALO alonxarse -a cabeza movéndoselle e coxeando-
por unha corredoira cos cartos e coche ó fondo.
21.- INT. SERVICIOS DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES. DÍA
O GALO entra nos servicios e revisa o contido dunha carteira
que vén de roubar. Queda cos cartos e tíraa á papeleira.
Despois peitea a cresta mirándose no espello.
22.-INT. CASA DO GALO. NOITE.
O GALO entra na habitación da pensión na que vive que está
en penumbra. Vemos un primeiro plano da súa man collendo unha
pera para acender a luz. As paredes están cubertas por papel
pintado barato e rechamante e por grandes retratos fotográficos
de actrices de sona do Hollywood dos 50. Levanta o colchón e
comproba que os cartos do atraco. Empeza a contalos, sorrinte.
Gárdaos de novo e achégase a un espello do cuarto para peitear
a súa cresta.