1.- INT. COMEDOR DUNHA CASETA DO
POLBO. DÍA
O comedor dunha caseta do polbo de Lugo está chea de
CLIENTES falando en voz alta e sentados en mesas con bancos
corridos. CARME, cun delantal posto, avanza entre elas cunha
xarra de viño nunha man e varios vasos na outra. Un cliente
tócalle o cú divertido. CARME protesta.
Nun momento dado, ten que socorrer
a un ACORDEONISTA cego que está actuando no local e vai
tropezando nas mesas. Unha parella da GARDA CIVIL toma uns tintos
do país na barra. Están moi serios, miran para todas partes,
como se os axexara alguén.
Pasan os créditos.
2.- INT. COCIÑA DA CASETA. DÍA
Aparece unha grande bafarada de vapor. A cámara atravésaa e
descubrimos a CARME botando un polvo con RAMÓN -totalmente
vestido de negro, patilleiro e cun colar cunha caveira nunha mesa
de madeira sobre a que hai varias potas de polbo cheas de auga-.
Están fodendo nunha mesa sobre a que hai un prato de polbo co
aceite a piques de derramarse por mor da súa axitación.
3.- INT. COMEDOR. DÍA
Todos ficaron en silencio ó sentir o traqueteo de CARME e
RAMÓN na cociña.
Vemos unha mesa na que hai dous
paisanos chegados da zona rural para o San Froilán. Están
comendo polbo.
PAISANO
1
¡Pobre rapaz!
PAISANO
2
¿Cómo dis?
PAISANO
1
¿Non o sintes? ¡O condenado arfa coma un xabarín rebentado a
correr!
Despois de dicilo, dálle un grolo ó seu vaso de viño.
CORTE Á COCIÑA, na que CARME
e RAMÓN acaban movéndose dun lado a outro da cociña e
perdéndose novamente entre a bafarada das potas.
CORTE Ó COMEDOR
PAISANO
1
(Continúa) E seica ela morreu...
PAISANO
2
(Confuso) Pero está moi viva...
PAISANO
1
(Pica polbo cun mondadentes e fala mentres mastiga) Pero
está pasándoo moi ben.
4.- INT. COCIÑA DA CASETA. DÍA
Entre a bafarada do polbo, aparecen novamente RAMÓN e CARME,
que remataron de chingar.
CARME
(Subindo os pantalóns) ¿Non estás canso?
RAMÓN
(Sorrindo fachendoso) Aínda teño forzas para outro.
CARME
(Enfadada) Non me refiro a iso, parvo. Refírome a se
non estás canso de traballar para esta manda de pailáns e non
sacar un peso.
RAMÓN
Pois si, pero hai o que hai. Non sei que lle queres...
CARME
Mira, cariño. Temos que cambiar de vida. Non podo pasar a vida
fregando vasos co Fairy e autrando que me toqueteen o cú.
¡Pónme enferma!
RAMÓN
(Resignado) ¡Home! Soñar sigue sendo gratis, pero non
temos un can para poder...
CARME
Non sei, amor... pensei en facer algo para gañar moitos
cartos... para gañalos dunha vez e para sempre...
RAMÓN
(Bromeando) ¿Unha bonoloto?
CARME
Falo en serio, tío.
5.- INT. COMEDOR DA CASETA. DÍA
O GARDA CIVIL 2, un tipo xoguetón, bota sen querer viño
sobre o uniforme do GARDA CIVIL 1, que se indigna.
6.-INT. QUIJOTE. DÍA.
O Quijote foi un bar de putas. Accédese a el por un corredor
abovedado tapizado en terciopelo vermello e baixando unhas
escaleiras. É un local escuro e pequeno, dominado pola cor
vermella . A barra, en forma de ele; fronte a ela, varias mesas e
unha cheminea. Hai unha juke box nun lateral na que soa
"Stiyng alive" dos Bee Gees. CARME e RAMÓN esperan
sentados nunha das mesas. Dous homes asoman pola corredor. Un
deles -O GALO- viste desliñadamente, ten a mirada perdida e unha
cresta no cabelo; move a cabeza co espasmo característico do
animal que lle dá nome e coxea. O outro -CURRINCHE- anda moi
estirado, vai vestido cun traxe anticuado pero detalladamente
pranchado; fuma un xaruto delgadiño .
RAMÓN
(Sorrinte e berrando para que o escoiten) ¡¿Qué pasa,
tíos?! ¡¿Estades preparados para a acción?!
CARME repara neles sorprendida. CURRINCHE, enfadado, faille
acenos para que baixe a voz mentres se achega á barra na
compaña do GALO para pedir unhas cervexas.
CARME
(Incrédula e indignada) ¿Cómo que se están
preparados? ¿Pero que xente me buscaches? ¡Badulaque!
RAMÓN
(En voz baixa) Acouga, muller. Son os nosos socios.
CARME
(Bisbiseando tamén) ¿Cómo? ¿Pretendes que eu me
arrisque cos que lle vendían o xamón de York a Tutankamón?
¡Con estes non iría nin a roubar froita nunha horta!
RAMÓN
¿E que lle queres, nena? ¡Isto é Lugo! ¡É que non entendo o
que...!
CARME
¿Cómo que qué lle quero? ¿Onde vamos con este par de
lisiados? ¡Es un puto inútil!
RAMÓN
(Enfadado) ¡Mira, para tí é moi doado dicirme
"Ramón busca esto ou busca aqueloutro"! ¡Pero eu son
o que ten que dar co que queres! ¿Entendes?
CARME
¡E non había nada mellor, claro!
RAMÓN
¿Pero non te decatas do tamaño que ten esta cidade? ¿E que
querías? ¿Un dos que pide na catedral? Ó menos éstes teñen
experiencia...
CARME
Será co dominó.
RAMÓN
¿Queres facer o favor de calar? ¡Aí veñen!
RAMÓN saúda sorrinte ós recén chegados. O GALO chega
movendo a cabeza como o animal do que lle ven o alcume e contesta
ó saúdo. CURRINCHE evita facelo, limítase a dar unha calada do
seu xaruto e a quitarlle a cinza cun aceno ridículamente
elegante.
RAMÓN
(Cont.)
¿Cómo vai iso, tíos?
CURRINCHE
(Amolado) Non moi ben, tendo en conta o que vimos de
sentir.
RAMÓN
(Disimulando) ¿E logo?
CURRINCHE
Parece que a parviña ésta non esta moi conforme co material que
aportamos O Galo e máis un servidor. Que, por certo, é de
primeira calidade; como moi ben pode acreditar calquera dos
habituais do lumpen desta urbe.
CARME
(Desafiante) ¡Certo que non estou conforme! ¡Nada
conforme! ¿Isto non son actividades do Sergas para a terceira
idade!
CURRINCHE
Pois saiba, miña dona, que cando vostede estaba catando o teto
da súa nai -á quen aproveito para presentar os meus respectos,
que isto non vai con ela- o señor Galo, aquí presente, levaba
xa axenciadas miles de carteiras na estación de ferrocarril e na
de omnibuses, segundo o progreso foi desprazando cara alí ós
usuarios, e cun seguro servidor de vostede, pola súa banda,
desplumara dúas veces a Caja de Ahorros Monte de Piedad de La
Coruña y Lugo desta cidade na que nos contemplan dous mil anos
de devenir histórico e o golpe fóra portada do Progreso, con
foto e todo, o que non era tan normal daquela.
CARME
(Confusa) Entendo, entendo,... está ben, se non hai
outra cousa... Non hai tempo que perder. Ímos preparar o
traballo.
Entran os dous GARDAS CIVÍS que viramos na caseta do polbo.
O GARDA 1 pide dúas cervexas "estrella", mentres que o
GARDA 2 se achega a máquina de discos, pon unha canción de Los
Contentos e empeza a bailar. Repara no ollar desaprobador do
GARDA 1 e se reprime. O volume da música vai baixando ó tempo
que se vai escoitando mellor a voz de CARME e a cámara vai
avanzando cara ó grupo da mesa.
CARME
...e o coche estará aparcado acó para agardar a que nós
entremos e fagamos o traballo. ¿Vale?
RAMÓN
¿E se non atopo sitio?
CARME
¡A esas horas marcharon todos para o traballo! ¡Quen me
mandaría a mín liarme contigo!¡Todo son pegas! ¡Haberá
sitio, haberá!
RAMÓN
Se ti o dis...
CARME
Iso é o de menos, xa aparcaremos en segunda fila.
CORTE ÓS dous GARDAS CIVÍS , que falan co CAMAREIRO, un
rapaz novo cunha camiseta de Barricada e un aro na orella.
GARDA
1
...e niso consiste básicamente o noso traballo.
CAMAREIRO
Pero de cando en cando teredes algunha misión especial; non sei,
algo distinto.
GARDA
1
(Poñéndose interesante) ¡Home, si! Non todo é
protexer a árbitros... (Ri dun xeito moi esaxerado, para
deixar claro que non se adican a iso e que está bromeando)
GARDA
2
(Fachendoso) Mañá mesmo temos unha. Temos que escoltar
ó presidente e...
GARDA
1
(Reprendéndoo) Ssss. Non deberas falar diso en
público.
GARDA
2
Este rapaz é de confianza...
GARDA
1
Levas razón. (Facendo un aceno ó camareiro para que se
achegara e susurrando) Vai inaugurar un polideportivo non
sei se pode segunda ou terceira vez, perdín a conta.
CAMAREIRO
(Simulando estar impresionado) ¡Ah! ¿E iso é
perigoso?
GARDA
1
¡Qué cousas preguntas!
CORTE Á mesa na que están os atracadores. CARME sigue dando
indicacións cun papel diante.
CARME
(en off)
O plan é doado e non ten porqué saír mal. É cuestión de que
cada un de nós saiba o que ten que facer e que todos actuemos
con moito tacto.
INT. ESTACIÓN DE AUTOBUSES. DÍA
O GALO entra nos servicios da estación de autobuses de Lugo
e, con moito tacto, rouba a carteira dun vello que está mexando.
Pónse diante dos lavabos e peitea a súa cresta diante do
espello sen deixar de mover a cabeza co seu tic nervioso. Sae dos
servicios, mira o reloxo e camiña cara á porta.
CARME
(en off)
Cumprindo cos tempos estabrecidos non ten por que haber
problemas. É cuestión de concentración.
INT. PISO VELLO DO CENTRO. DÍA.
RAMÓN está nunha bañeira cutre e fumando un chino.
CARME
(en off)
Se é así, conseguiremos os cartos sen facer dano a ninguén e
mataremos dous paxaros dun tiro.
INT. PISO VELLO DO CENTRO.DÍA.
CARME está diante do espello nun dormitorio. Ensaia posturas
cunha pistola.
CARME
Vaite movendo, Moncho. Temos que marchar.
CORTE Ó baño. A través da porta, vemos a RAMÓN deixando
caer o papel de prata e mergullándose na agua. CORTE A bañeira,
vemos as burbuxas que despide RAMÓN.
CARME
(en off)
¿Recolliches as túas cousas, Moncho? É moi importante que non
deixes nada.
INT. TALLER DO CUARTEL DA GARDA CIVIL. DÍA.
Os dous picoletos preparan as súas motos Sanglas no interior
graxento do taller. O GARDA 1 tararea divertido o "Yo sólo
lo hago en mi moto" de Obús ata que o GARDA 2 ponse a
cantala desafinando horriblemente..
7.-INT. CENTRO DA TERCEIRA IDADE DA MILAGROSA. DÍA
Hai unha morea de vellos nunha ampla sala. Uns ven a
televisión, outros xogan ás cartas; entre eles, hai unha mesa
con catro vellos botando unha partida entre os que está
CURRINCHE. No centro da mesa hai varios billetes de mil.
CURRINCHE peta nela para ensinar unha carta e deixa ós seus
compañeiros sen respiración. Ponse en pé e recolle os cartos.
CURRINCHE
Señores, sinto non poder disfrutar máis da súa sempre
agradable compañía por hoxe, pero teño cousas que facer.
XOGADOR
1
(Socarrón) ¿Como se chama o cornudo?
CURRINCHE
(Amolado) Non teño unha cita cunha bela dona, se é o
que pretendes suxerir, cabaleiro. Nada máis vou explicar. Au
revoir, amigos.
8.- INT. COCHE MERCEDES. DÍA.
RAMÓN vai conducindo con CARME ó seu carón. Nos asentos de
detrás van O GALO e CURRINCHE. Van todos cansos, con cara de
sono e bostezando, agás CARME, que non para de falar. A voz da
rapaza vai subindo pouco a pouco.
CARME
O Galo e mais eu entraremos na sucursal. ¿Vale? Seremos nós os
que deamos o golpe e saiamos cos cartos. Ramón ti tes que
ocuparte do coche. ¿Vale? CURRINCHE quedará fóra controlando
que non pase nada raro. ¿Entendido? (Mirando para atrás)
¿Entendistes?
CURRINCHE
(Irónico) Perfectamente, miña dona. Se é que se
explica coma un libro aberto, querida amiga.
CARME
(Amolada se dirixe a Ramón) ¿Que lle pasa a éste,
Moncho?
RAMÓN
(Encolléndose de ombros e rañándose o nariz) Non lle
fagas caso, cariño.
CURRINCHE
Quedou claro, quedou, miña dona. Tan claro como este servicio
que lle imos facer á comunidade compensando as taxas de
asentamento e manteñemento, os xuros persoais, os impostos sobre
os depósitos e todos eses xeitos agochados de explotación sobre
o lumpenproletariado travestido actualmente en clase media con
liquidez menguada a fin de mes. O maior erro do galego foi deixar
de gardar os cartos baixo o colchón para confiarllo a eses.
CARME
(Volvéndose cara el, amolada) ¿Poderías calar un
pouquiño, non? Estasme poñendo nerviosa, ¿sabes?
CURRINCHE
(Enfadado) Está ben, está ben, miña dona. Pode seguir
vivindo na felicidade da súa ignorancia...
9.-EXT. ESTRADA DE LUGO A SARRIA. DÍA
Os GARDAS CIVÍS 1 e 2 avanzan nas súas motos con cara de
felicidade. CORTE Ó capó dun coche oficial que vai detrás
deles.