O paradóxico está dentro daquelo
que nos é cotián;
un día de luz nas follas do Outono
pode ser tamén un día
mudo e agre.
Aquelo no que cremos case divinamente
faise ar ou pedra:
son só símbolos da nosa sumisión,
desa derrota que xa viñamos sospetando.