Centro de Documentación da AELG
O silencio das árbores - ¿CAL é o camiño que hei de andar ata o pracer,
Martínez-Conde, Ricardo

¿CAL é o camiño que hei andar ata o pracer,

ata ese sentimento que me roube

gozosamente?

 

Cada hora

distinta pola súa cor

garda un silencio novo

impenetrable.

 

Os obxectos

tan reais en si mesmos

constitúen case unha presencia delatora

do meu desasosego:

(¿sinalan

mudos

a miña incapacidade?).

 

O presentimento

forma parte

tamén

da lentitude

dos días.