A volta de 50 anos ( mais de medio século), estoume a preguntar: Fomos violentos os rapaces da miña xeración aló polos anos 50? Teño que confesarlles que, sen lugar a dubidas, eu tamén fun un rapaz violento, naquela Pontevedra de post guerra. Non é ningunha broma. Algúns amigos da miña xeración, levan desde nenos e no seu rostro, cicatrices ven visibles, producidas por pedradas e como resultado das loitas entre bandas que pertencían a diferentes barrios do Centro Histórico desta cidade. Familias, veciños e a propia sociedade desa época, souberon convivir, ser cómplices, cunha violencia dun os rapaces, que non sementes nos agrediamos a pedrada limpa, senón que cometiamos actos de vandalismo como; a rotura de escaparates (para roubar libros e outros obxectos), farois e luces publicas; a colocación de petardos en sociedades e centros recreativos ou tirar bombas fétidas nos cines, desde xeneral o patio de butacas. Outros amigos e compañeiros, como é ven coñecido en Pontevedra, tiveron que pasar polo entonces denominado Reformatorio, como condena polos seus actos violentos. Con toda seguridade, si os medios de comunicación da época foran os actuais, a situación houbese sido cualificada de altamente preocupante.
Afortunadamente esa pulsión violenta e/ou agresiva, propia da idade xuvenil en constante puxanza e desenvolvemento, foi mudando e canalizándose cara a unha serie de actividades culturais e deportivas, sobre todo, para os que tivemos a sorte de pasar por un centro público, como era naquela época o Instituto de Ensino Medio. O de Pontevedra, facilitounos a preparación académica e social, mais que suficiente, para posteriores etapas da vida, unha vez rematado o bacharelato, sen maiores complicacións. Non foi encambo tan doado para outros estudiantes, que procedían de centros relixiosos ou internados que como universitarios en Compostela, continuaban con comportamentos agresivos e actos violentos, por certo, moitos deles de caracter ven perigoso.
Filósofos, sociólogos, médicos, políticos, lexisladores...están non sementes familiarizados coa violencia, senón que de maneira especial preocúpalles a súa complexidade e dimensión social. O problema que se nos plántea é cando desde un campo non se quere saber ou non se mostra intres polas apartacións dos outros. Esta situación “simplista” plántea non poucas dificultades no intento de lograr unha mellor comprensibilidade ou explicación deste fenómeno humano.
En relación as miñas primeiras palabras estou moi acorde, co sociólogo francés Michel Maffesoli, prestixioso catedrático da Sorbona, que nunha entrevista, no Pais Semanal en xaneiro deste ano 2006, sobre os acontecementos violentos que tiveron lugar en Francia a finais do 2005 comenta: “...cando tratamos de evitar todo tipo de violencia, estamos a potenciar a súa aparición explosiva...os hospitais son asépticos, pero entramos para curarnos un brazo e saímos cunha infección...” O autor e partidario de que: “...non vale de nada tratar de eliminar a violencia, todo o contrario, hai que homeopatizala...”. O que é o mesmo: “hai que reconducila”.
Cando efectivamente queremos evitar o risco, este volvese perverso. A sociedade precisa purgas a modo de catarses. A obsesión da seguridade, a asepsia da súa existencia provoca inevitablemente formas perversas de violencia. Non hai situacións mais violentas que esas nais ou pais que coidan aos seus fillos sen permitirlles o confronto cos demais nenos.
O debate encol da: Filosofía e Violencia, tema a tratar pola Aula Castelao de Filosofía, nesta xa, XXIII Semana Galega de Filosofía, situase arredor ou entre a sociedade oficial e a sociedade oficiosa que medra e evoluciona a modo de especificidades diferenciadas.
O regreso das tribus tanto para o ben como para o mal, ideal comunitario, substituirá ao ideal democrático. Non debemos polo tanto negar as diversidades. O tribalismo está ai e hai que aprender a vivir con el. O debate supón aínda o paso do individualismo o tribalismo. A hipótese, dun pensamento individual a un pensamento de grupo, no que non importa tanto o individuo como realmente o grupo. Dun ser infinitivo, o verbo ser, estamos pasando a un ser nominal, a ser algo, tal como xa intuíra Heidegger.
Actualmente, estase a producir, con toda probabilidade e por un exceso de saturación, un transvase dese substancialismo de querer ser alguén, a posibilidade de poder selo, solo que sementes integrado na diversidade que ofrece o grupo ou a tribu.
Esta forma de comportarse, que as veces trátamos de reprimir, semellásenos mais próxima ao pensamento oriental e propugna unha vez mais a importancia do grupo sobre o individuo.
Desde o punto de vista filosófico, a violencia, seria o resultado da interacción entre a agresividade natural e a cultura. A violencia así entendida, e pois, unha nota especificamente humana, que soe traducirse en accións ou omisións intencionais que tenden a causar dano a outros seres humanos. Dito doutra forma, a bioloxía fainos agresivos, pero é a cultura a que nos fai pacíficos ou violentos.
* O meu recoñecemento a Aula Castelao de Filosofía na súa XXIII Semana Galega de Filosofía