Centro de Documentación da AELG
Escura e transparente - SOMBRA DA TARDE/NEWARK ca. 1940
Ramos, Baldo

SOMBRA DA TARDE/NEWARK ca. 1940

unha palabra non abonda
para encher os tinteiros de maio
con rescaldos de noite e metáforas grises.

ese aire non pode atravesar
a voz que alenta neste cuarto baleiro.

ladran os cans
mentres maduran as cereixas doutra perda.

unha ollada non pode calar
o que ven no poema os teus silencios,
nin compracerse na causa que os obriga
a que escriba na noite, ás apalpadas,
estes versos roubados
á memoria de perderte.