Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - ¡Galicia espertou!
Arias Saavedra, Ana

                                                        
                                                                                    30-9-05

De esperta Galicia chorou,
polo tempo transcorrido,
no seu decurso manindo,
polo aldeán chan que pasou,

A nosa amada terriña,
liberouse da soneira,
para arreda-la laceira,
da súa tribu prosiña,

Atribulada ó albiscares,
cadreladas encrucilladas,
con moles sebes e bágoas,
nos campesiños fogares,

Falando polo baixiño,
fregaba nos ollos dicindo,
¡debo deme ir  espilindo,
do vezo do meu laxismo!,

¡Dende agora con firmeza,
da aquiescencia me afasto,
pola fervenza de infaustos,
coa miña frouxa afouteza!,

¡Eu que xurdín moi fermosa,
arrecendosa e bramosa,
na miña tribu amorosa,
barilmente facendosa!,

¡Quero falar , e hei falar,
cadora con sentidiño,
inzando nos meus camiños,
luzadas para camiñar!,

¡Hei de aqueloutrar estadas,
moi fóra dos seus trumiños,
desabeirados e prosiños,
na angueira deles amada!,

¡Hei de florea-los fogares,
cadanseu hei de arrecendar,
no labor heime de afanar,
no entullo deles halares!,

¡Hei de florir albizaras,
escíntilear con gran vizor,
mirrando no inmundo balor,
taimado en devalar vascas!,

¡Hei de seres manseliña,
coitadiña máis nunca,
para deixares se-la cunca,
de malfadadas ladaíñas!,

¡Quero , e hei de arrequeceres,
paseniño sen relanzo,
liberada eu do cansazo,
e  trasbaiados menceres!,

¡Espertei  para gabexar,
nas miñas rexias pertenzas,
de lúgubres en clarenza ,
as quero ben todas trocar!,

¡Xa durmin anos dabondo ,
máis dos que deber debera,
agora nesta nova era,
hei de chegar ata ó fondo!,

¡Artellando  hilaridade,
onde só saloucos rexen,
pola inopia ca eles ven,
fornecida en vitalidade!,

¡Frearei inexorable inopia,
en todo fogar campesiño,
amantes dos meus camiños,
de toda cousa amin propia!,

¡Galegos, miñas galegas!,
¡espertou a vosa Galicia!,
¡enfeitada en lucería,
para aquelarvos das penas!,

¡Sei que ficardes mirando ,
por se me volvo a durmir!,
¡descoidade, que vos vou urdir,
presente e futuro arelado!,