Deixo atrás no meu camiño,
unha amizade fulgorosa,
fragante cal bela rosa,
aleivosa nos espiños,
Espiños no meu camiño,
de doridos a sangantes,
testemuñando modais,
de ironías e cinismos,
Cinismos non merecentes,
no meu corazón en flores,
sen sentir dó de amores,
nen do seu corpo doente,
Doente queda o camiño,
con feituras indolentes,
a troques de deferentes,
no máis vero cariño,
Cariño quedou no camiño,
sementeira de ambrosía,
bondade e súa alegría,
humbría ,quedou no camiño,
Camiño agora escabroso,
onde antes era beleza,
silandeiro el manifesta,
penas no chan amoroso,
Amoroso segue o camiño,
do ferido corazón,
pechado a ruín fenón,
créndoo cadora xenuíno,
Xenuíno corazón,
séntese moi malfadado,
por se haber abrazado,
sentíndo el fruición,
Fruición en decepción,
asemellando cristalino,
deixou enzoufado camiño,
de asañosa ambición,