Transforma-la linguaxe alí onde o modo colle forma de poder
ALFONSO PEXEGUEIRO
1. A HISTORIA ENLEADA
É a nosa, desgraciadamente, unha nación que se ve compelida a practicar o suicidio lento (que sabe suicidarse, que diría Lois Pereira). E unha das mostras máis magoantes é aquela que se produce cando de contino os intereses persoais e personalistas, as coirazas grupais, os dogmatismos sutís disfrazados de academicismo ou simplemente a «ética» do desprezo e o segregacionismo, asentados, non xa nas forzar reaccionarias (o cal é notorio), senón na mesma cerna dos movementos de resistencia e normalización sociocultural, lles restan vigor e capacidade de incidencia real ás forzas descolonizadoras e de vangarda capaces de inverter o proceso (auto)destructivo, e mesmo acaban abafando as súas voces máis lúcidas.
A este respecto, abonda con pensar, dentro do ámbito das letras, verdadeira insignia orientadora e que é o que nos interesa aquí, na Rosalía de Castro conflictiva, desertora e sometida ós máis diversos silencios amputadores. Pero o listado das pequenas liortas e fanamentos literarios fratricidas é enorme -sobre todo cando certas direccións estéticoideolóxicas ocupan con exclusividade ámbitos e cotas de poder- e estes semellan inevitables cando os protagonistas non están dispostos a facer concesións. Liortas que en contextos nacionais non dependentes non tefien as graves repercusións autófagas que alcanzan no noso caso. Porque aquí, a Tóxica loita por ocupar o centro do sistema -para non poucos, tan reducido e de gueto-, a envexa e a desconsideración, a competencia puxilística, a confabulación, a finchada intransixencia ou a calculada marxinación non producen nunca consecuencias que contrarresten o feito de que, deste xeito, son as estructuras mentais colonizadoras as que vencen. As que nos vencen, cando son Blas o verdadeiro inimigo, as que agochan as indefectibles contradicción procesuáis e constrinxen os espacios (de mercados, de culturización, de imaxinación...) polos que discorrer. Debemos educarnos para o conflicto interno, tense dito, pero cumpriría non afastarse dese talante de irmandade, acumulador, que tan ben apreciamos en Castelao, aínda que, de certo, non sempre é fácil dexergar os perfís da fraternidade.
Pero baixemos das xeneralizacións (se cadra, demasiado simplificadoras e ecoicas) ó caso concreto que nos ocupa. Emporiso, por forza tiñamos que comezar este artigo facendo referencia a algunhas das causas dos embeleños que son determinantes á hora de aprehender a evolución dunha época ou dun autor, por canto que Alfonso Pexegueiro -creador dunha xa extensa obra que ameaza, malia os silenciamentos ós que está sometida (e que nós. xustamente, pretendemos contribuír a inverter), con trastocar as versións canónicas do anovamento poético destas dúas últimas décadas- representa coma ninguén o malditismo na literatura galega de hoxe e obriga a poner en evidencia as foscas engrenaxes da institución literaria, dito isto sen estériles pretensións individualizantes ou maniqueístas.
Porque, de feito, en toda a súa historia de socialización, a Pexegueiro foille practicamente imposible ceder diante das imposicións, diante dos determinismos sociais e mesmo diante do que el considerou actitudes arrogantes ou insolidarias, nunha camiñada irreverente («son o outeiro despelexado- / o barco carrexado de marihuana- / a lei do borracho-») e enfrontada ós conflictos psicolóxicos provocados polos esquemas de represión que el mesmo trata de desvelar e espir, que desemboca irremediablemente na controversia traumática. Deste xeito, o impulsivo choque contra boa parte dos poderes fácticos, contra as oficialidades, marca as distintas etapas da súa vida e non é estraño que sexa alicerce das máis fondas motivacións e dos principais eixos temático-estilísticos da súa escrita, e mesmo da ruptura dunha fidelidade lingüística e patriótico-vital, como habemos de ver.
Os anos que van dende a data do seu nacemento, o 19 de abril de 1948, ata 1966, correspóndense cun multiforme e contrapeado contacto coa terra (en concreto, aquela que baña o Tea) e as súas ferintes condicións socioeconómicas no marco dun entramado sociopolítico extremadamente reaccionario. Contacto co mundo da violenta dependencia, pero tamén remitente a un estado de liberación que latexa baixo a situación de resistencia. Tal é Seraogna (Angoares, a parroquia natal), raíz da súa identidade e núcleo dun espacio mítico -a nenez, a muller labrega, o río, as illas...- que se irá conformando pouco e pouco: «Seraogna. Angoares. Qué fermoso ese silencio dos teus dedos, ¡ai!, onde / tan paseniñamente vanse afogando os teus desexos».
Así, entre Angoares e o barrio da Castiñeira, nos alfoces dunha vila dominada polas forzas falanxistas, Ponteareas, e sen máis contacto coa cultura escrita có que cruelmente impoñían os estudios daquel momento, transcorren os seus primeiros quince anos. Co bacharelato rematado e sen posibilidade de seguir estudiando, polo luxo que ¡so supoñía para a súa familia, reacciona ante a obriga dun traballo remunerado e marcha para a «Escola de Formación Profesional de Automobilismo» de Carabanchel Alto (Madrid). Nesta Escola, nun réxime de internado militar, pasará tres anos, 6 cabo dos cales consegue o título de oficial fiwador. Logo tería que fai o servicio militar durante outros tres para compensar o pagamento dos estudios, pero -nova reacción- albisca a posibilidade de driblar o Exército pola vía mística (cando tal feito, en 1965, podía sentar precedente de obxección de conciencia) e ingresa, non sea numerosas instancias e constancias, e logo de dúas negativas do ministro do Exército, no vigués Seminario Maior de San Xosé, onde poderla realizar tres anos de Filosofía.
De 1966 a 1975, Pexegueiro encara novas e radicais experiencias e adéntrase, atónito, nunha literatura inexplorada, perfilando os seus primeiros proxectos poéticos. O contacto, ós dezaoito anos, cos grandes fitos do pensamento occidental e coas obras de autores non permitidos no Seminario (Kafka, Dostoyeski, Gogol, Camus, Tagore, Gide, Pound, Ibsen, e un longo etcétera), supuxo unha viraxe copernicana na súa vida. Principia, daquela, unha carreira contra reloxo que o leva a somerxerse, de súpeto, en mundos ós que antes estaba totalmente alleo e que habían impregnar cada unha das súas páxinas. E entón «xa non me interesaba nen o Seminario, nen o Exército, nen o de fresador, nen nada: só escribir. Foi como atopar en min un manancial ata ese momento descoñecido». (1)
A inestabilidade profesional e a precariedade económica serán tamén característica dos anos seguintes, xa de volta a Galicia. Pero o ano 73 sinala o definitivo asentamento da súa actividade creadora, afoutado por Vicente Aleixandre, a quen visita nunha viaxe que realiza a Madrid pouco despois de casar. Estamos, pois, no momento no que calla de cheo esa necesidade íntima da escrita poética, neste caso na procura do pouso sensual e revolucionario da memoria, da memoria da clase traballadora galega e universal, non en van o título do seu primeiro poemario lembra aquela «Sahagañé» de Esenin, poeta a quen Pexegueiro lía con paixón. Non obstante, esa procura efectúase nesta primeira fase en castelán e tería que abrirse unha nova etapa, a que vai de 1975 a 1985, para que este proceso de reencontro fose plenamente fructífero.
Nesta década, intégrase no espacio cultural galego e participa, cunha relativa avinza e un irregular afianzamento, nalgunhas das súas máis importantes empresas literarias. Sería na primavera de 1975 cando, instalado en Vigo 6 traballar na Inspección de EXB, coñece a Darío Xohán Cabana, Xosé Luis Méndez Fe rín e Antón Reixa, entre outros escritores e artistas galegos. Axiña se recoñece nas coordenadas da esquerda nacionalista e intervén nas asembleas de poetas celebradas nese mesmo ano, ademais de colaborar nas Follas de Resistencia Poética (poemas anónimos ciclostilados), na creación do Grupo Rompente e nos seas primeiros actos públicos: «o primeiro recital démolo Antón Reixa e mais eu no Instituto de Pontevedra. Despois apareceron Avendaño e Romón. E eu era o único que non militaba no Bloque». (2) En maio de 1976 publica o seu primeiro libro, tamén a ópera prima do movemento rompentiano, e, a seguir, «Podía ser un prólogo a facerr pólvora», 1imiar de Con pólvora e magnolias.
Nos anos 77 e 78 reside en Pontevedra e traballa como redactor, xunto con Manuel Rodríguez Moldes, na revista infantil Vagalume. É agora cando comeza unha estreita relación cos pintores Moldes, Menchu Lamas, Antón Patiño, Freixanes, Lamazares, Monroy, Crego, etc., que se reflecte en cada unha das portadas das súas obras e que había de acabar vencellándoo a «Atlántica» e conducfndoo a un labor ensaístico xa significativo (e valioso para entender a súa enérxica cosmovisión) que ten como últimas mostras os artigos «Notas de achegamento á Pintura Galega», no n ° 0 da revista Vento do Leste (maio 1993), e «Amando, pintar baixo o ceo da auga», no libro catálogo da exposición que este pintor realizou no Castelo de Soutomaior en novembro-decembro de 1993.
Mais logo de desaparecer Vagalume, en maio de 1978, e arredado xa das anteriores actividades grupais no seo de Rompente, pasa a vivir de novo en Angoares, na casa dunha tía emigrada, á que precisamente lle dedica Circos de auga (1979). Un ano antes saíra Mar e naufraxio, Premio da Crítica Galicia, o que espella un intenso labor poético. Labor que continuará -logo de nacer o seu filio, Denís- en Rianxo, onde reside entre o 79 e o 80, e onde xorde A illa das mulleres loucas (1984), bolsa do Ministerio de Cultura 1981. Pero antes de editar esta obra aínda daría ó prelo Relatos pra salferir (1981) e O Pabellón das Hortensias Azuis (1983), ademais de Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos, pequena peza narrativa publicada parcialmente no n.° 3 da revista Dorna (1982) e máis tarde en serigrafía con Xosé Freixanes, todas elas pasos decisivos na sua poética alumeadora do inconsciente da Historia e, polo tanto, obras polémicas: denostadas ou silenciadas polo venecianismo imperante (3).
En maio do 80 asiste á asemblea constituínte da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), da que será secretario ata 1985, formando parte dos Consellos Directivos presididos por Bernardino Graña, o primeiro, e Uxío Novoneira, o segundo e o terceiro, e con aquel organizaría o «I Congreso de Escritores en Lingua Galega» (Poio, maio 81), morando na súa casa de Cangas ata comezos do 82, cando se ve obrigado a marchar. Pasa, así, unha tempada dun ano no estudio do pintor Amando González, ata que no outono do 83 pode, finalmente, alugar un piso en Vigo, xa unido a quen había ser a súa apreciada compañeira no futuro, Christina Ferreira Andrade. Neste mesmo ano, iníciase a publicación da revista da AELG Escrita, dirixida por Margarita Ledo Andión e da que Pexegueiro será o seu coordenador ata o último número, o sexto, no verán de 1985.
En 1985, precisamente, rómpese este traballo literario continuo, na vía dunha cobizada profesionalización, e imponse un (outro) novo rumbo. A raíz da solicitude dun soldo por desempeñar o cargo de secretario da AELG e mais o traballo na revista, enfróntase con algúns dos seus membros, que chegan a acusalo de aproveitarse da asociación, e acaba rachando coa AELG. Como consecuencia destes feitos, en setembro decide abandonar Galicia para se instalar en Barcelona, onde reside. Deste xeito, aquela ruptura coa familia que non puido evitar 6 decidir dedicarse á literatura repítese agora a outro nivel, ó nivel da cultura galega toda, e Pexegueiro vai entrar plenamente na categoría dos escritores malditos.
En Barcelona ocúpase da xefatura de redacción dunha publicación dende o 87 ata o 91, ano no que pasa a engrosar a lista de parados. Conserva, así a todo, o elo da escrita e publica Desatinos dun maldito (1991), que o levou a saltar momentaneamente á prensa e constituía un revulsivo para reafirmar a súa obra, en especial Seraogna e sobre todo a través do maxisterio crítico de Xosé Luís Méndez Ferrín (4). En calquera caso, non deixa de ser preocupante que, se a crítica non é quen de responder ás produccións textuais non submisas, a historia literaria se basee na prosmeira repetición dos constructos propostos dende as instancias máis influíntes. E aínda que hoxe, tamén gracias ó remuíño de Desatinos, posuamos xa unha memoria de licenciatura que efectúa unha primeira abordaxe á obra de Pexegueiro, a situación de desdeixo non mudou no substancial.
Por último, en 1994, tras ser desbocado polas editoriais galegas ás que foi remitido, publica en castelán, por vez primeira, o libro El lago de las garzas azules, cedendo o 50% dos dereitos de autor a unha organización internacional para a infancias (5)
(1) Pexegueiro, A.: Datas, Barcelona, 1993 (documento inédito).
(2) Alonso. F.: "Entrevista con Alfonso Pexegueiro. Os acertos dun maldito". Diario 16 de Galicia. 19-10-1991.
(3) De feito, ata 1990 a atención crítica que obtén limítase case exclusivamente a estas breves notas ou reseñas: «Rompente presenta o seu primeiro libro», La Voz de Galicia, 20-6-1976; Casares, C.: «Seraogna, poesía nova», lb., 27-6-1976; «A. Pexegueiro. Seraogna», Teima. 5. 13-20 xaneiro 1977: Fernández Teixeiro. M. M.: «Mar e naufraxio» (sic), de Alfonso Pexegueiro». A Nosa Terra, 7. 10-16 marzo 1978; «Méndez Ferrín prcsentou ont o libro Circos de auga, do poeta Alfonso Pexegueiro», La Voz de Galicia, 1-3-1979: González Gómez, X.: «A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro», A Nosa Terra, 243, 5-4-1984; P. C. A.: «Ferrín presentará hoxe o último libro de Alfonso Pexegueiro: A illa das mulleres loucas, La Voz de Galicia, 28-6-1984; Costa Clavell. X. «Tres poetas gallegos», Faro de Vigo. 19-8-1984: ás que habería que sumar as tiñas que Ile dedica H. Monteagudo Romero no seu ensaio «Dez anos de poesía galega: 1975-1985», Grial, 89, 3° trimestre 1985, pp. 268-293.
(4) Véxase Salgado, X. M. e Casado, X. M.: X. L. Méndez Ferrín, Sotelo Blanco Edicións, Barcelona, 1989, pp. 216-240: e Méndez Ferrín, X. L.: «Pexegueiro ou a Siaboga. Arredor da nova poesía galega», Diario 16 de Galicia, 21-12-1991.
(5) Publicado pola Editorial Lumen. foi representado polo autor en Madrid o día 10 de mato de 1994. xunto con Joaquín Ruíz-Gimenez, presidente de UNICEF, o xuíz Baltasar Garzón e o pintor Xose Freixanes, autor da portada.