Unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO, xunto á colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega

A XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar o sábado 25 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:

- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.

- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.

 

Programa

 

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.10 Conferencia: “Da polavila á escena:  recollida, creación e difusión”
- Adrián Méndez. Mestre de baile e música tradicional, productor e integrante de  De Ninghures.

 

11.10-11.50 Conferencia: “A regueifa no ensino: a oralidade  como catalizador  na mocidade”
- Almudena Falcón. Docente de Lingua e Literatura galega no IES Basanta Silva de Vilalba.
Promotora do Campus de Regueifa da Terra Chá.

 
11.50-12.30 Conferencia:
“O valor da palabra, sempre e mais despois”
- Tereixa Novo. Mestra, música fundadora e integrante  de Fuxan os Ventos


12.30-14.00 Mesa redonda: "A oralidade das cantareiras:  Fonte de inspiración e recursos na escena cultural e musical"
Participan: Almudena Falcón, Tereixa Novo e Adrián Méndez.
Coordina: Branca Villares
 

16.00-16.40 Conferencia: “ A radio escolar como ferramenta para traballar o Patrimonio Inmaterial”
- Lois Toirán. Mestre de primaria, docente de radio e representante do proxecto Ponte nas ondas.

 

16.40-17.20 Conferencia: “As voces das mulleres rurais e a contrucción dun arquivo oral. Terra e memoria”
- Ana Cabana. Doutora en Historia pola USC, profesora titular do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.


17.20-18.00 Conferencia: “Colleita e recolleita: a patrimonialización da memoria intrafamiliar”
- Branca Villares. Mestra de canto tradicional e divulgadora do folclore galego.

 

18.00-19.30 Mesa redonda: "A oralidade das cantareiras: salvagarda da memoria do pobo. O valor dos arquivos e a súa difusión"
Participan: Lois Toirán, Ana Cabana e Branca Villares
Coordina: Eva Teixeiro

 
19.30-20.30 Sesión práctica:
“Cantareiras: o poder da poesía do pobo”
Jara Ortiz, cantareira, compositora, arranxista e divulgadora musical.

 

 

 

O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón.

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.