A XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral terá lugar o 28 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición será obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través desta ligazón.
- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org Nel indicarase o nome, apelidos e Documento de Identidade.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes nese momento.
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.30 Conferencia
Que é canción
María Xosé Silvar "Sés"
11.30-12.30 Conferencia
Canto eu canto
O Leo de Matamá
12.30-14.00 Mesa redonda
Da tradición oral aos ritmos de ultramar e viceversa
Sés e O Leo de Matamá
Coordina: Lois Pérez
16.00-17.00 Conferencia
Un país no palco: a nova verbena galega
Marta Veiga Izaguirre
17.00-18.00 Conferencia
Cantar a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade (na medida do posible)
Nuno Pico (Grande Amore)
18.00-19.30 Mesa redonda
Que hai de novo, festeir@s? Vangarda e tradición da festa e do canto
Marta Veiga Izaguirre e Nuno Pico (Grande Amore)
Coordina: Eva Teixeiro
19.30-20.30 Sesión práctica
Erre que Erre: da Regueifa ao Rap
Alba María
O programa pode descargarse en formato pdf aquí.
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.30 Conferencia
Que é canción
María Xosé Silvar "Sés"
11.30-12.30 Conferencia
Canto eu canto
o leo de matamá
o’leo [leonardo enrique fernández campos. Matamá (Bouzas), 1974] chega a Compostela na década dos 90 e debuta como actor con Matarile Teatro en 31 e Zeppellin núm. 7. Déixao para escribir e gravar Suspiros de kaña (1998), co que abre os concertos da Xira Galega de Veintegenarios de Albert Pla.
Regresa con Factoría Teatro n’As presidentas e con Berrobambán en Vendetta. Licénciase en Filoloxía Hispánica e a seguir en Filoloxía Galega. Volve aos escenarios para tocar polo medio de concertos de KGBen e Puta Miseria. Co boom dos blogs e da Internet en xeral, saca a diante haicu.blogspot.com, que se converteu logo en hai cu (Xerais, 2007). En 2010 participa na primeira webserie en galego, Non saímos
do lixo. Forma parte de Labregxs do Tempo dos Sputniks (Libremente, 2016) e Das Kapital (Ruído negro, 2011; Grecia, 2013; e Das Kapital, 2015). Con arremecaghona’s produçións, á fin, saca outros tres álbums (como o leo i arremecághona: a neurona na patineta, 2012; e ostia, 2015. Como o’leo de matamá:
sé [mente de vencer], 2019). Dende hai case dúas décadas traballa como profesor de Lingua Galega e Literatura. Este ano publica o seu segundo libro (libre do libro, Chan da Pólvora, 2023) e marcha para a montaña.
12.30-14.00 Mesa redonda
Da tradición oral aos ritmos de ultramar e viceversa
María Xosé Silvar "Sés" e o leo de matamá
Coordina: Lois Pérez
16.00-17.00 Conferencia
Un país no palco: a nova verbena galega
Marta Veiga Izaguirre
17.00-18.00 Conferencia
Cantar a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade (na medida do posible)
Nuno Pico (Grande Amore)
Nacín a mediados da década dos 90 do século pasado en Frexulfe, O Valadouro. De pequeno quería ser detective. Logo, estudei para filósofo. Por sorte, nada diso acabou pasando. Levo dende os 16 anos tocando en grupos e facendo cancións. Tardei algúns anos en ensinarlle esas cancións a ninguén, principalmente porque me daban vergonza as letras que escribía. A día de hoxe, grazas a algún tipo de orde cósmica que descoñezo, adícome profesionalmente ao acto de pasar esa vergonza diante de xente.
18.00-19.30 Mesa redonda
Que hai de novo, festeir@s? Vangarda e tradición da festa e do canto
Marta Veiga Izaguirre e Nuno Pico (Grande Amore)
Coordina: Eva Teixeiro
19.30-20.30 Sesión práctica
Erre que Erre: da Regueifa ao Rap
Alba María
Cantora, improvisadora oral e docente de lingua e literatura galega. Inicia a súa formación musical no CMUS de Vigo, na especialidade de acordeón. Comeza unha carreira como cantautora tras gañar o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco Aínda (aCentral Folque 2014). Fórmase no canto na Escola de Música d’aCentral Folque desde 2013, con mestras coma Paulina Ceremuzynska, Ugia Pedreira ou Davide Salvado. En 2017 comeza a traballar n’aCentral Folque como coordinadora da súa escola de música e produtora, arredor de proxectos que mesturan a oralidade coa igualdade de xénero, o traballo social ou patrimonio inmaterial. Colabora co proxecto Regueifesta desde 2014, que tenta potenciar as posibilidades pedagóxicas da regueifa no ensino medio. É unha das impulsoras da Nova Regueifa Feminista, que tenta levar os valores de igualdade de xénero á improvisación oral galega. Como investigadora ten publicado o libro-CD Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs Calviño de Tallo (aCentral Folque, 2017), un monográfico arredor deste xénero de improvisación. Foi membro ata 2021 do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. É unha das fundadoras do grupo de improvisadores Erre que Erre Regueifa Rabuda, que tenta crear comunidade e público na regueifa a través da formación en improvisación e a posta en común dos seus valores para toda a poboación desde os 3 aos 100 anos.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.