Unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO, xunto á colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega
Foto da actividade

A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral vai ter lugar o sábado 24 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:

- As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberon inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.

- As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixesen asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.

 

Programa

 

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

 

10.30-11.30 Conferencia: "Enredos coa propia lingua: a palabra tamén é un brinquedo", con Antón Cortizas

 

11.30-12.30 Conferencia: "Cartografía da infancia. Apego e tenrura nos cantos de reis", con Lorena Pinheiro

 

12.30-14.00 Mesa redonda: "Poñerlle palabras á experiencia do mundo".
Con Antón Cortizas e Lorena Pinheiro
Modera: Lois Pérez

 

16.00-17.00 Conferencia: "A transmisión da tradición oral dende o berce", con Pavís Pavós

 

17.00-18.00 Conferencia: "Detrás de Pedro Chosco. As voces das mulleres nos arrolos" con Iria Sobrino Freire


18.00-19.30 Mesa redonda:: "O conto e o canto: o papel da lingua na adquisición do código"
Con Pavís Pavós e Iria Sobrino
Modera: Eva Teixeiro

 
19.30-20.30 Sesión práctica: 
"Os xogos tradicionais como elemento normalizador: a experiencia de XOTRAMU"

 

O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón.

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.