27 de outubro de 2020
A AELG colaborou con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

Chegou unha nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e animación á lectura, neste edición baixo o título de Tecer palabras en tempos de crise.

A actividade tivo lugar o 27 de outubro, entre as 17:00 e as 18:30 horas, a través da Plataforma Teams da Universidade da Coruña, unicamente para o alumnado dos Graos en Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación desta Universidade.

O obradoiro-coloquio contou coa presenza de:

- Eva Mejuto: Cultura resistente.

- Elisabeth Rodríguez Rico: A biblioteca en tempos de pandemia.