17 de outubro de 2023
A AELG colabora con esta actividade da Universidade da Coruña ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

Chegou unha nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, nesta edición baixo o título de Colorín colorado, faladoiro ilustrado.

A actividade tivo lugar o 17 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade foron Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.

O obradoiro-coloquio contou coa presenza de:

- Bea Gregores.

- Óscar Villán.

 

 

Nesta nova edición das Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, contamos coa presenza dos ilustradores Óscar Villán e Bea Gregores, dous nomes relevantes na literatura galega actual, con estilos e traxectorias moi diferentes. Os convidados falaron sobre os seus inicios e evolución e detallaron os pormenores do oficio de ilustrar para público infantil. Logo da presentación, responderon as preguntas do alumnado das materias Literatura Infantil e a súa Didáctica e Didáctica da Lingua Galega, do Grao en Educación Infantil. Tamén expuxeron orixinais das súas ilustracións. A xornada rematou coa sinatura de exemplares das súas obras.