22 de setembro de 2002
Obra Poética completa, Manuel María

Na Cea das Letras celebrada en Compostela, o escritor Manuel María recibiu o máximo galardón da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o premio AELG, como autor do mellor libro publicado no 2001 que foi a súa Obra poética completa , dous tomos editados por Espiral Maior. O premio consistiu nunha pluma estilográfica de ouro gravada para a ocasión. O escritor recoñeceu que segue sendo usuario da pluma para escribir e agradeceu especialmente o premio polo feito de ser concedido polos seus compañeiros, os máis de 200 que forman a AELG.

As outras obras finalistas foron:

  1. Males de cabeza, Fran Alonso
  2. Campo Segado, M. Álvarez Torneiro
  3. Un escritor nos xornais, X. L. Méndez Ferrín
  4. Pedinche luz prestada, Marica Campo
  5. A memoria da nación, Camilo Nogueira
  6. Nación, literatura, identidade, Antón Figueroa
  7. Footing, Gustavo Pernas
  8. Ganga, Antón Lopo
  9. A memoria do boi, Xosé Vázquez Pintor