1 de decembro de 2000
No ventre do silencio, de X.L. Méndez Ferrín

A Asociación de Escritores en Lingua Galega concede cada ano un premio á mellor obra literaria publicada no ano anterior. Os membros da asociación votaron de xeito libre e secreto. Se a obra mellor considerada do 98 fora O lapis do carpinteiro, de Manolo Rivas, este ano foi Ferrín o distinguido co respecto dos seus compañeiros.

Pluma de ouro
O galardón consiste nunha pluma estilográfia de ouro que representa a calidade da escritura. A cerimonia de entrega tivo lugar no mes de decembro en Vigo, durante o transcursos dun acto literario. No ventre do silencio xa recibira o premio Eixo Atlántico de narrativa 1999 e o Premio nacional da Crítica. O libro narra as peripecias de catro estudiantes na Compostela dos 50, nun ambiente opresivo marcado pola dictadura e unha densa trama de personaxes.