En 2007 estabeleceuse un novo premio para Institucións que se caractericen polo seu contributo á divulgación da literatura galega en diferentes ámbitos sociais. Propúxose para esta primeira edición á Radio Galega, polo programa Diario Cultural, que co seu apoio incondicional ás letras galegas desde hai moitos anos tanto ten axudado á dignificación da nosa profesión.