Co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo e da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Foto da actividade

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG iniciou con esta actividade unha nova andaina coa que percorreremos os camiños da literatura popular do Entroido.

Coa colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo, tivemos mostra dun dos Entroidos máis antigos e recoñecidos de Galicia, o desta parroquia do concello da Pobra do Brollón

Contamos tamén coa participación de persoas -como é tradicional, baixo pseudónimos "As chairegas de Sancovade", "O Coxilitranco da Pata do Medio", "A Carameleira" e "O Capador de galos"  , que ofreceron coplas sobre a situación político-social.

O recital foi gravado e os contidos serán catalogados e transcritos para pasar a formar parte do arquivo de literatura de tradición oral da AELG.