6 de novembro de 2010
Co patrocinio de Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo (Área de Cultura) e a colaboración da Asociación de Veciños Santo Tomé de Merlán
Foto da actividade

 Pode ver os vídeos das Polafías na Sección de Literatura de Tradición Oral desta mesma web.

Acudiron unhas 120 persoas (a parroquia só ten 50 veciños). Dixéronnos da Asociación de Veciños que houbo picos de 150 persoas pero que se foron indo por ter que estar de pé e fóra do recinto.

Contidos moi interesantes.

Participaron, ademais de Isidro e Antonio Reigosa, Xosé Lois García cunhas notas históricas e uns poemas para nenos, un veciño do lugar contando contos, un par de nenas cantando, un grupo de pandeireteiros e pandeireteiras e outro grupo de gaitas do lugar,  Xavier Blanco e un membro da Asociación de veciños lendo un poema.

Os directivos da Asociación transmiten a través nosa o agradecemento á AELG por telos en conta para organizar o acto.

Temos peticións de asociacións de parroquias veciñas e aos de Merlán non lles importaría nada repetir a experiencia o ano que vén.

A TV local de Chantada gravou e emitiu moitas partes do acto. Vid.

 

http://www.youtube.com/watch?v=LhLDbnfBTrg (noticia previa)

http://www.youtube.com/watch?v=0ozkF4BEu44&feature=related (noticia posterior)