20 de novembro de 2010
Co patrocinio da Área de Cultura da Vicepresidencia primeira de Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración do Museo Comarcal da Fonsagrada e a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros
Foto da actividade

 Pode ver os vídeos das Polafías na Sección de Literatura de Tradición Oral desta mesma web.

Con esta magnífica polafía, cun ritmo extraordinario e alta participación, rematou a colleita de 2010.

Asistiron arredor de 100 persoas.

A AELG agradece a colaboración da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, Daniel Pérez e do Museo Comarcal da Fonsagrada
 
Interviron: Manuel de Candelos (contos), Antonio Fernández “Paradiñas” (contos); César Fernández (trompa); Manuel Fernández (gaita e acompañamento baile); Emilio do Pando( trompa); Marta Álvarez (gaita e acompñamento parella de baile de maiores); Daniel do Pando (trompa e acompañemento lecturas de Xía Arias); Xía Arias (leu poemas do seu libro “Acusacións”); Isidro Novo (leu un texto con memorias de Xosé Estévez de cando estivo por alí de crego a finais da década dos 60, e a “Letanía de Galicia “ de U. Novoneyra); bailaron: unha parella demaiores, dúas parellas de nenos da As. Antaruxas e Sorteiros. Grupo de voces da As. Antaruxas (cantarton un romance e varias coplas).
 
Ambientación: Durante o desenvolvemento da polafía emitiuse unha gravación do ano 1989, cedida polo museo, onde se recrea unha reunión semellante que tivo como protagonistas a algún dos presentes. A casualidade quixo que na mesma sala se amosaran fotos de grande interese etnográfico, realizadas en 1925 por W. Ebeling.
 
A duración aproximada foi de 1 hora e 45 minutos.
 Pode descargar aquí o cartel en formato .pdf