O Roteiro Sangue de balea, tinta para debuxar e describir unha cartografía salvaxe na fin da terra, guiado por Xosé Iglesias, forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
En palabras do autor: "Construírse un mesmo aprendendo a descifrar a cartografía salvaxe da Costa da Morte. Mariñeiros esculpidos coa mar brava, a tinta de polbo e o sangue de balea. Remos que o bogar son a melodía perfecta para recitar un poema na fin do mundo."
- O roteiro presencial terá lugar o sábado 7 de novembro de 2026, a partir das 16:00 horas, tendo como punto de encontro inicial o Miradoiro de Gures (Cee).
- A actividade é gratuíta e non é necesaria inscrición previa.
- Nota: é preciso levar calzado axeitado, dado que se vai por zona de monte.
O autor elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel nesta mesma páxina web nos seguintes meses.
/2026-11-08%20Roteiro%20Xose%20Iglesias%20Gures.jpg)
