22 de novembro de 2026
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O Roteiro "Eu non nacín en vila nin ciudade": Pondal na Coruña será guiado por Manuel Ferreiro. Nas súas palabras: "A partir da tumba de Eduardo Pondal, no cemiterio de Santo Amaro, iremos á rúa Juana de Vega, onde na pensión La Luguesa viviu o poeta os derradeiros anos da súa vida coruñesa. Finalmente, perante o busto do bardo bergantiñán nos xardíns, poderemos concluír este breve percurso pola Coruña pondaliana."

Terá lugar o domingo 22 de novembro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a porta principal do Cemiterio de Santo Amaro. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.