Do 21 de novembro de 2026 ao 31 de decembro de 2026
Unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo
Foto da actividade

O Roteiro literario por Carballo, guiado por Rosalía Fernández Rial, forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

- O roteiro presencial terá lugar o sábado 21 de novembro de 2026, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de encontro inicial o cruzamento da rúa da Lagoa coa rúa Vila de Negreira en Carballo.

A asistencia como público é libre e gratuíta, non precisando inscrición previa.

A autora elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel nesta mesma páxina web nos seguintes meses.

 

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.