No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2026, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A inscrición, gratuíta, realizarase, indicando nome e apelidos, enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org. O punto de saída en todos eles será a propia SELIC, na Praza da Quintana.
O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
A Conferencia Ambulante de Serafín Andante.
Carlos Labraña
Data: sábado 3 de outubro, ás 12:00 h.
A cidade e os milagres
Daniel Asorey
Data: quinta feira/xoves 8 de outubro, ás 17:00 h.
A Conferencia Ambulante de Serafín Andante.
Carlos Labraña
Data: sábado 10 de outubro, ás 12:00 h.


Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
