21 de decembro de 2025
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña
Foto da actividade

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O presente roteiro, guiado por Iria-Friné Rivera Vázquez, xira arredor da presenza de Castelao na Coruña en relación aos seus contemporáneos. Nado en 1886, as sucesivas influencias de persoeiros ligados a esta cidade resultan relevantes. Isto non só sucede pola importancia que estas influencias puideron ter nel como pensador, artista, político e figura pública, senón tamén na retroalimentación que sucedeu. Está a parte del como cidadán e a parte do contacto que a cidadanía ten coa sua obra escrita, artística, intelectual e política. Este roteiro a través de diferentes camiños e obras no espazo público resulta unha exploración de todos eses feitos, mostrando unha interrelación viva e activa en feitos, palabras e persoas que segue a ter repercusión hoxe en día.

Terá lugar o domingo 21 de decembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será diante do Monumento a Eduardo Pondal, no Cantón Pequeno. A asistencia é gratuíta e non é precisa inscrición previa.

 

 


Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.