20 de xullo de 2024
Unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Museo da Terra de Melide e o Concello de Melide
Foto da actividade

O Roteiro polo Melide Literário, guiado por Antom Laia, forma parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto completo deste roteiro estará dispoñíbel na web da AELG nos seguintes meses, para poder ser descargado libremente.

O roteiro presencial terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de saída a Praza do Convento, en Melide.

A inscrición, libre e gratuíta, pode facerse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando o nome do roteiro, así como o nome e apelidos da(s) persoas(s) interesada(s) en participar como público.

 

 


 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.