Do 6 de setembro de 2020 ao 31 de outubro de 2020
Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra
Foto da actividade

Os roteiros foron os seguintes:

- Baiona. 6 de setembro, Iria Misa: Roteiro arredor de Segredos no Solpor. De 11:30 a 13:00. Punto de partida: Praza de Abastos de Baiona, Rúa Carabela Pinta, 9.

- Vilagarcía de Arousa. 13 de setembro, Marcos Calveiro: O xardineiro dos ingleses. De 11:30 a 13:00. Partida: Cemiterio dos Ingleses. Avenida de Pontevedra.

- Cerdedo-Cotobade. 20 de setembro. Calros Solla: Ruta literaria e etnográfica por Cerdedo. De 11:00 a 13:15. Partida: Praza da Igrexa de Cerdedo (Antiga Praza da República). Traslado en vehículo particular nalgún punto da ruta.

- Ponteareas. 27 de setembro. Manrique Fernández. Ruta literaria por Ponteareas. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello de Ponteareas.

- Vigo. 11 de outubroAnselmo López Carreira. Ruta sobre o Vigo medieval. De 11:30 a 13:00 h. Partida: Fronte á Casa do Concello de Vigo, no pé das escaleiras da subida ao Castro.

 

- Pontevedra. Previsto para o 4 de outubro, suspendido pola situación derivada da Covid-19 na comarca de Pontevedra. Xosé Monteagudo. Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza da Peregrina.

 

 

 

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.