O Comité de Solidaridade coa Causa Árabe (CSCA) convocou artistas de todas as disciplinas e representantes da cultura galega a unha concentración artística en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que están a sufrir o luns 31 de marzo, ás 20:00 h, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colaborou con esta actividade coa participación de:
Daniel Asorey
Chus Prol
Cesáreo Sánchez
Eva Teixeiro
Suso de Toro
Marga do Val