O domingo 21 de maio, ás 12:00 horas, nas Escolas de Reinante, co gallo do Día das Letras Galegas, tivo lugar a III edición do ciclo poético Versos na baixamar, que xuntou, nesta súa terceira edición a poesía de Oriana Méndez, Olalla Cociña e Estíbaliz Espinosa, nun acto conducido polo narrador oral e poeta Lois Pérez, que tamén participou no recital.