Este vídeo recolle a achega de poetas galegas/os o 25 de novembro de 2023, no marco dun recital internacional de 24 horas en apoio a Palestina. A participación galega estivo mediada pola colaboración de Erín Moure, sendo coordinada por Chus Pato e Oriana Méndez.

Recóllense poemas de Ana Romaní, Antón Blanco, Anxo Angueira, Chus Pato, Daniel Salgado, Gonzalo Hermo, Jesús Castro Yáñez, Marta Dacosta, Míriam Ferradáns, Nieves Neira, Oriana Méndez, Xabier Cordal e Xosé Luís Méndez Ferrín.