A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraron as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado en 2022, na cidade da Coruña.
Tivo lugar o domingo, 15 de maio, ás 12:00 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Participaron todas as persoas que quixeron ler poemas do autor, figura clave do exilio mexicano.