Actividade en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda

O domingo 16 de maio, ás 12:30 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar unha lectura pública de textos de Xela Arias.

Contaremos coa actuación musical de César Morán, autor da música para o poema de Xela Arias Non é xusto do poemario Tigres coma cabalos, que forma parte do seu disco, Río de son e vento.

As persoas que queiran participar no recital poético deben confirmar asistencia no correo electrónico nesta ligazón. Agradécese que se confirme tamén o título do poema que se vai ler, para así non repetir ningún. Debido ás restricións derivadas da pandemia da Covid-19, deberase indicar tamén o voso nome, apelidos e número de teléfono, para cumprir coa lexislación sanitaria vixente.