Do 1 de setembro de 2020 ao 31 de decembro de 2021
Unha iniciativa da AELG, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) comezou en 2020 a primeira fase do proxecto de realización do Libro Branco de Escritoras-es en Lingua Galega.

Este ambicioso proxecto consta de varias fases. En 2020 comezamos o camiño, do que publicamos aquí o Informe de resultados das enquisas realizadas na primeira fase, que foi completado por dous informes xurídicos, un sobre Dereitos, obrigas e relacións das escritoras e escritores coa Administración Pública, e outro sobre Obra literaria e propiedade intelectual, elaborados pola asesora xurídica da AELG, Ania González Castiñeira, e que poden ser descargados e consultados aquí. En relación con estes informes xurídicos adicionais, agradecemos que, de facerse mención dos seus contidos mediante citas, extractos ou publicación de fragmentos dos mesmos, sexa recollida a acreditación da súa autoría, en recoñecemento ao traballo realizado pola asesora xurídica.

Durante este 2021 a AELG continuará traballando na segunda fase de elaboración do Libro Branco, do que iremos informando cumpridamente.

A AELG promove a realización deste Libro Branco, contando co patrocinio da Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO).