17 de novembro de 2012
Tivo lugar ás 12:30h na súa casa natal na parroquia de Laíño, lugar de Tarrío, 26, do Concello de Dodro
Foto da actividade

Ser unha foula en resurxir constante

ou un navío en colisión coa noite.

Iso é o que importa.
 
 
Eusebio Lorenzo Baleirón, Gramática do silencio
 
 
 
 
 
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega homenaxeou ao poeta de Dodro, quen este ano faría os 50 anos, co seguinte programa:
 
Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
Laudatio de Paulino Vázquez
•Intervención dun membro da familia Lorenzo Baleirón
•Descubrimento dunha placa conmemorativa
•Lectura poética de poemas de Eusebio Baleirón a cargo de Carlos Negro
•Remata o acto cunha interpretación musical