Esta é a segunda proposta colaborativa que desde a AELG estamos a organizar para contribuírmos á visualización e actualización da obra literaria e pensamento de Lois Pereiro, obxectivos para os que gustariamos de contar coa túa participación.
É o noso propósito elaborarmos un LIBRO HOMENAXE A LOIS PEREIRO para o que solicitamos dos Socios/as da AELG que nos enviaran colaboracións inéditas e orixinais que poderían responder a un duplo formato:
- Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (acéptanse versións elaboradas)
- Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.
Da conxunción de todas as colaboracións, a AELG promove unha edición en soporte electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel desde a nosa web. (www.aelg.org), que está en andamento.