É vontade da AELG contribuírmos á visualización social do escritor Lois Pereiro durante este ano 2011 en que, por decisión da Real Academia Galega, vai ser o autor homenaxeado o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.
A primeira das iniciativas, que incluímos dentro dunha programación global e colaborativa que será coñecida como “Vento Lois”, terá lugar o vindeiro domingo 20 de marzo, co seguinte programa:
- 12:30: Convocatoria social aberta ao redor da poesía de Lois Pereiro na coruñesa Praza de María Pita en dirección ao Teatro Rosalía de Castro, un encontro que pretende ser unha manifestación poético-festiva popular amenizada con música.
- 13:00: Lectura de poemas de Lois Pereiro ou de creación propia recreados no mundo poético e época do autor, que terá lugar no propio Teatro Rosalía de Castro.